"cc" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 7067.

  • Substancia segregada por algunhas bacterias que activa a súa acción patóxena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agredir.

    2. Ataque contra o equilibrio ou a integridade dos organismos.

    3. Interacción específica entre animais que se enfrontan mediante ameazas, ataques ou combates.

    4. Acción ilexítima non xustificada legalmente contra os bens ou os dereitos dunha persoa e, en especial, contra a súa integridade física.

    5. Acción dun estado que toma a iniciativa de atacar coas súas forzas armadas o territorio ou as forzas armadas doutro estado.

    6. Delito que consiste en atentar contra a liberdade sexual dunha persoa con violencia ou intimidación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que investiga e estuda os principios científicos da ciencia agronómica para perfeccionar a súa práctica. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agrupar ou agruparse.

    2. Conxunto de cousas ou persoas agrupadas, xeralmente afíns.

      1. Reunión de forzas militares de diversos exércitos coa finalidade de constituír un conxunto operativo para cumprir unha misión.

      2. Agrupación que ten por base dous ou máis batallóns ou grupos tácticos.

    3. Unión de dúas ou máis leiras inscritas para formar outra.

      1. Previsión constitucional ou estatutaria para poder establecer circunscricións territoriais propias diferentes da provincia.

      2. Agrupación de municipios limítrofes de pequeno número de habitantes, para o sostemento dunha secretaría común ou para a prestación de servizos esenciais cando non dispoñen individualmente de recursos suficientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agrupar ou agruparse.

    2. Unidade asociativa dentro da organización escolar, en que os rapaces e rapazas de todas as idades atopan a continuidade e a coordinación que esixe o proceso educativo.

    3. División do intervalo que comprende todas as observacións dunha serie estatística en pequenos intervalos iguais, denominados clases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de agudizar ou agudizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave de rapina que pertence principalmente aos xéneros Hieraetus Aquila, Haliaetus, Pithecophaga, Circaetus e Pandion. É de grandes dimensións, cun bico forte e curvado, a cabeza prominente e cuberta de plumas, coas patas curtas con plumas ata o comezo dos dedos, e as garras moi fortes. As ás son longas e voan a grande altura.

      2. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe castaña e co píleo, a caluga e os ombreiros dun branco amarelado.

      3. Aguia da familia dos pandiónidos, de plumaxe contrastada entre a parte superior escura e a inferior branca. Na cabeza presenta unha pequena curupela e un anteface negro.

      4. Aguia da familia dos accipítridos, coa parte inferior da plumaxe escura nas ás e branca no peito.

      5. Aguia da familia dos accipítridos, de plumaxe escura con dourados na cabeza e na caluga.

    1. Denominación alquimista de diversas substancias, especialmente das sublimadas como o cloruro mercurioso ou o cloruro amónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Picada efectuada co aguillón para estimular os animais de carga.

    2. Picadura que realizan os insectos co aguillón.

    3. Acción de aguilloar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aguzar.

    VER O DETALLE DO TERMO