"ECL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 467.

    1. Axuda ofrecida a unha persoa por outra, por un organismo ou por unha institución.

    2. Órgano de xestión e de representación das entidades de carácter fundacional.

    3. Facultade de presentar un crego, en calquera dos seus graos, para a provisión dun bispado, prelatura secular ou regular, dignidades, prebendas, en catedrais e colexiatas, reitorías e beneficios.

    4. Costume medieval restablecido como dereito durante o reinado dos Reis Católicos (finais s XV-comezos s XVI) que autorizaba os monarcas para prover a maioría dos cargos eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á febre ou á enfermidade que está en período de declinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao verso ou palabra que ten o mesmo número de sílabas ca outro.

    2. Aplícase ao substantivo ou adxectivo que ten o mesmo número de sílabas en todos os casos da declinación latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos poetas ou á escola literaria parnasiana.

    2. Poeta da escola parnasiana.

    3. Escola literaria de orixe francesa que influíu nas diversas literaturas europeas durante a segunda metade do s XIX, e destacou polo seu afastamento das fórmulas románticas e a declaración do seu ideal de impasibilidade, absorto só pola obtención da beleza pura e absoluta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espazo de terreo aberto e delimitado, que se destina principalmente ao lecer humano.

      2. Espazo pechado e de reducidas dimensións, protexido cunha malla, onde xogan os cativos.

      3. Terreo cercado en que hai varias atraccións para divertirse.

      4. Lugar onde hai diversas instalacións destinadas ao xogo e ao lecer dos cativos.

      5. Espazo natural protexido que se localiza nun territorio extenso que presenta sistemas naturais de particular interese científico, educativo e recreativo, nada ou pouco transformados pola explotación e a ocupación humanas. A declaración de parque nacional correspóndelle á máis alta autoridade do país onde está, que regula o seu acceso e vela pola súa protección.

      6. Espazo natural protexido localizado nun territorio dunha certa extensión e pouco ou moi habitado e explotado, que presenta valores naturais de particular interese científico, educativo e recreativo. A súa declaración correspóndelle a algunha autoridade competente que vela por asegurar a permanencia destes valores dunha maneira compatible co aproveitamento ordenado dos recursos do parque e a actividade dos seus habitantes.

      7. Parque dentro ou próximo a un núcleo urbano que cumpre a función de airealo e procurar o recreo dos seus habitantes.

      8. zoolóxico.

    1. Conxunto de vehículos ou materiais destinados a un servizo público.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entidade territorial propia de Galicia, vixente na actualidade, que durante o s XIX tivo moita importancia como entidade territorial básica e coa configuración do novo modelo municipal de ordenación territorial, integrouse completamente no concello.

      1. Demarcación territorial eclesiástica rexida por un reitor ou un prior.

      2. Igrexa principal da circunscrición parroquial, onde radica a actividade pastoral do reitor.

      3. Despacho parroquial ou edificio, onde o reitor celebra reunións, atende os fieis ou ensina o catecismo.

      4. Circunscrición eclesiástica extraterritorial, prevista excepcionalmente polo dereito canónico para comunidades non circunscritas a ningún territorio.

    2. Conxunto de parroquianos dunha tenda ou dun establecemento público.

    3. Circunscrición ou división administrativa de Andorra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suite de danzas instrumentais que a principios do s XVII, especialmente en Italia, designaba unha glosa popular para instrumentos de teclado, e que a mediados do s XVIII pasou a designar unha serie de variacións sobre un tema popular ou relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación xurídica que existe entre o pai e os seus fillos, que deriva da relación biolóxica que supón a xeración.

    2. Tratamento reverencial que reciben algunhas xerarquías da orde eclesiástica, como os abades e superiores de ordes relixiosas, inquisidores e, tamén, bispos e cardeais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Criado novo que acompaña os amos, asiste nas antesalas ou serve a mesa.

    2. Neno ou mozo, xeralmente nobre que, na Idade Media, servía os soberanos, príncipes ou grandes personaxes, civís e eclesiásticos e adoitaba iniciarse nas leis da cabalaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Situación en que non hai guerras, conflitos nin enfrontamentos.

      2. Estado dun país que non está en guerra con outro.

      3. Estado dun grupo de persoas onde non hai disensións ou preitos.

      4. Prohibición eclesiástica de todo acto hostil contra persoas ou bens nunhas condicións determinadas, co fin de paliar as guerras privadas, frecuentes nos ss X e XI.

    1. Exención ou cesamento de hostilidades internacionais.

      1. Benestar, sosego ou silencio proveniente da ausencia de molestias, conflitos ou ruídos.

      2. Tranquilidade do ánimo, non turbado pola paixón, a ansia ou o temor.

      3. Rito litúrxico que consiste en desexárense os fieis mutuamente a paz a través dalgún signo externo, como un bico ou unha aperta.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO