parque

parque

fr parc

Plural: parques
    1. s

      Espazo de terreo aberto e delimitado, que se destina principalmente ao lecer humano.

    2. s

      Espazo pechado e de reducidas dimensións, protexido cunha malla, onde xogan os cativos.

    3. parque de atraccións

      Terreo cercado en que hai varias atraccións para divertirse.

    4. parque infantil

      Lugar onde hai diversas instalacións destinadas ao xogo e ao lecer dos cativos.

    5. parque nacional [ECOL ]

      Espazo natural protexido que se localiza nun territorio extenso que presenta sistemas naturais de particular interese científico, educativo e recreativo, nada ou pouco transformados pola explotación e a ocupación humanas. A declaración de parque nacional correspóndelle á máis alta autoridade do país onde está, que regula o seu acceso e vela pola súa protección.

    6. parque natural [ECOL ]

      Espazo natural protexido localizado nun territorio dunha certa extensión e pouco ou moi habitado e explotado, que presenta valores naturais de particular interese científico, educativo e recreativo. A súa declaración correspóndelle a algunha autoridade competente que vela por asegurar a permanencia destes valores dunha maneira compatible co aproveitamento ordenado dos recursos do parque e a actividade dos seus habitantes.

    7. parque urbano [URBAN ]

      Parque dentro ou próximo a un núcleo urbano que cumpre a función de airealo e procurar o recreo dos seus habitantes.

    8. parque zoolóxico [ZOOL ]

      zoolóxico.

  1. Conxunto de vehículos ou materiais destinados a un servizo público.

Citas

  • O parque sanitario incrementouse este ano, Consideran o parque automobilístico insuficiente