"Az" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3964.

  • Acción e efecto de aproveitar ou aproveitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar algo ou alguén cerca dun punto de referencia.

    2. Situarse próximo no tempo ou no espazo.

    3. Situarse afectiva e moralmente próximo a outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir berros de escarnio ou burla contra alguén.

    2. Espantar un animal daniño por medio de apupos.

    3. Facer soar o apupo para que os mariñeiros se poidan orientar cara á costa nos días de néboa.

    4. Tocar o corno para reunir os participantes nunha cazaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repartir quendas entre a comunidade co fin de poder recibir ou usar algo.

    2. Pórse prazo ou vez para facer algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. No lugar preciso e exacto onde se encontra algo ao que se está a facer referencia.

    2. Neste lugar, indicando proximidade á persoa que fala ou espazo no que se inclúe o falante.

    3. No momento ou punto actual, xeralmente marcando o principio ou fin dun espazo de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Arabia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Arabia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo árabe.

      2. Individuo do pobo árabe.

      3. Pobo orixinario da Península Arábiga.

    1. Lingua da familia afroasiática do grupo meridional das linguas semíticas.

    2. 1

    3. Raza de cabalos orixinaria de Arabia que se caracteriza polo seu perfil recto, un tamaño mediano e un perfecto aplomo. Aptos para a carreira, son cotizados sementais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terra de labor que é adecuada ou que está en sazón para sementar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artrópodo da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos. Distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría presentan oito ollos e teñen os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. No opistosoma sitúanse catro pares de fieiras, onde desembocan as glándulas da seda. Son carnívoras.

    2. Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado que presenta de 4 a 7 raios espiñentos provistos de glándulas.

      1. Crustáceo decápodo, da familia dos galateidos, de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax. Son de cor vermella con liñas azuis transversais.

      2. Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia.

    3. Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos.

      1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes.

      2. Peza de madeira que evita que se enrede a vela cos cabos que guarnecen os paus.

    4. ácaro. 

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito da arandeira. É unha baga arredondada, de cor negra violácea e comestible.

    2. Froito de sabor agridoce que se consome cru e empregado como acompañamento tradicional na cociña da caza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido que elaboran diversos arácnidos co fío ou seda, producido polas fieiras das glándulas sericíxenas e que serve de trampa para cazar as presas das que se alimentan e tamén como habitáculo.

    2. Sistema de información con mecanismos de hipertexto que está constituída por un grupo de ordenadores que transmiten e reciben información cunha mesma linguaxe, a HTML, Hypertext Markup Language.

    3. Teorema que explica os mecanismos de axuste entre a curva de oferta e a de demanda cando entre as decisións de producir e as de mercar hai un espazo de tempo considerable.

    VER O DETALLE DO TERMO