"ectro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 454.

      1. Que expresa dignidade, respecto ou seriedade.

      2. Aplícase ao estilo de carácter serio e elevado.

      1. Que é importante, transcendente ou que pode ter consecuencias prexudiciais.

      2. Aplícase a situacións ou accións que son susceptibles de ter algún perigo ou dano.

    1. Aplícase ao son que no seu espectro acústico presenta unha concentración de enerxía nas frecuencias baixas.

    2. paroxítono.

    3. Que está sometido á gravidade. Tm s m, referido a corpo.

    4. Aplícase a algúns movementos lentos dunha sonata ou dunha sinfonía. Na música francesa do s XVII e XVIII adoitaba ser o principio do primeiro movemento, seguido dun allegro.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa ou animal que dirixe ou conduce a outros.

      2. Persoa que mostra a turistas ou visitantes as cousas máis notables dun lugar.

      3. Soldado que se coloca en primeira fila para facilitar unha boa aliñación nos exercicios militares.

      1. Libro que contén os datos e as indicacións necesarias para informar ou orientar sobre algo.

      2. Lista impresa ordenada alfabeticamente que proporciona datos sobre algo.

      3. Cousa que encamiña ou serve de orientación.

    1. Póla nova, alta, grosa e dereita que sae directamente do tronco.

    2. Póla que se deixa para guiar as demais no seu crecemento.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de enerxía empregada en física atómica e espectroscopia, igual a 4π 2 me 4 h 2 , onde m e e son, respectivamente, a masa e a carga do electrón, e h é a constante de Planck. Equivale a 27, 21 e V a uns 4,33·10 -18 J.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. espectroheliógrafo.

    2. Aparato para medir o tempo de insolación ou horas de sol.

    3. Telégrafo óptico que produce sinais luminosos de intensidade variable por reflexión dos raios solares nun espello plano, xeralmente móbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido de Brønsted que non ten os protóns enlazados por medio de átomos de osíxeno, que resulta da combinación dos elementos máis electronegativos co hidróxeno e se denomína mediante o sufixo -hídrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento químico da táboa periódica que ten número atómico 1 e peso atómico 1. É o gas máis lixeiro de todos os gases e as súas moléculas son diatómicas. Case é inexistente en estado libre ou non combinado, e en estado combinado, forma parte da auga e unido ao osíxeno, ao carbono, ao nitróxeno e ao xofre, forma parte de todas as plantas e dos tecidos animais. É  un gas industrial de grande importancia, con aplicacións na síntese do amoníaco e na hidroxenación dos aceites de peixe e dos aceites de hulla e na fabricación do metanol e dos carburantes sintéticos.

      2. Composto que se emprega en solución acuosa, denominada ácido bromhídrico.

      3. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido cianhídrico.

      4. Composto gasoso moi empregado na industria, case sempre en forma de solución acuosa, denominada ácido clorhídrico.

      5. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido fluorhídrico.

      6. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido iodhídrico.

      7. auga osixenada.

      8. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido sulfhídrico.

    1. Electrodo de platino ao redor do que burbulla hidróxeno. Adóitase tomar como potencial cero dun electrodo de hidróxeno, na presión atmosférica, nunha solución de ións hidróxeno de actividade unidade. Emprégase como electrodo de referencia.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao átomo que, como o hidróxeno, só ten un electrón orbitando o núcleo, polo que o seu espectro pode ser interpretado de maneira similar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a toda forma de interacción entre o electrón e o núcleo atómico que non se reduce a unha simple interacción electrostática entre cargas puntuais.

    2. Aplícase á estrutura do espectro que presenta un desdobramento de liñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao procedemento de recepción de ondas electromagnéticas mediante o que só son transmitidas as dúas bandas laterais mentres que a portadora se xera localmente no receptor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Electrodo auxiliar de ceba de certas válvulas rectificadoras de mercurio, como o ignitrón, que se utiliza no acendido do arco de cada ciclo do ignitrón.

    VER O DETALLE DO TERMO