hidróxeno

hidróxeno

hidro- + -xeno

Plural: hidróxenos
    1. s

      Elemento químico da táboa periódica que ten número atómico 1 e peso atómico 1. É o gas máis lixeiro de todos os gases e as súas moléculas son diatómicas. Case é inexistente en estado libre ou non combinado, e en estado combinado, forma parte da auga e unido ao osíxeno, ao carbono, ao nitróxeno e ao xofre, forma parte de todas as plantas e dos tecidos animais. É  un gas industrial de grande importancia, con aplicacións na síntese do amoníaco e na hidroxenación dos aceites de peixe e dos aceites de hulla e na fabricación do metanol e dos carburantes sintéticos.

    2. bromuro de hidróxeno [HBr]

      Composto que se emprega en solución acuosa, denominada ácido bromhídrico.

    3. cianuro de hidróxeno [HCN]

      Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido cianhídrico.

    4. cloruro de hidróxeno [HCI]

      Composto gasoso moi empregado na industria, case sempre en forma de solución acuosa, denominada ácido clorhídrico.

    5. fluoruro de hidróxeno [HF]

      Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido fluorhídrico.

    6. ioduro de hidróxeno [HI]

      Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido iodhídrico.

    7. peróxido de hidróxeno

      auga osixenada.

    8. sulfuro de hidróxeno [H 2 S]

      Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido sulfhídrico.

  1. electrodo de hidróxeno [FÍS ]

    Electrodo de platino ao redor do que burbulla hidróxeno. Adóitase tomar como potencial cero dun electrodo de hidróxeno, na presión atmosférica, nunha solución de ións hidróxeno de actividade unidade. Emprégase como electrodo de referencia.

  2. enlace hidróxeno [QUÍM ]

    enlace hidróxeno.