"tri" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 4854.

    1. Acción de absorber.

    2. Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.

      1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.

    3. Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.

    4. Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

    5. Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

    6. Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.

    7. Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

    8. Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

    9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que practica a abstinencia.

    2. Corrente gnóstica que se caracterizaba polo desprezo do mundano, do alimento e do matrimonio como feitos que colaboraban na suxeición da alma á prisión opresiva da materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Considerar separadamente un atributo ou unha calidade, illándoo co pensamento.

    2. Non prestar interese a nada exterior para matinar só naquilo que se ten no pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran cantidade de algo superior á necesaria.

    2. Posesión abondosa de bens materiais.

    3. Porcentaxe en que, nunha mestura natural de isótopos dun elemento químico, se atopa cada un destes isótopos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abusar.

    2. Aquilo que é abusivo.

      1. Acción de facer uso dun poder ou obxecto máis alá do que se considera lícito.

      2. Extralimitación dunha autoridade no uso das súas atribucións.

      3. Acto ilícito polo que o autor se aproveita das facilidades que unha relación de lealdade comporta.

      4. Acto ou omisión que sobrepasa os límites normais do exercicio dun dereito, con dano para un terceiro.

      5. Uso de medios físicos de ataque excesivos e desiguais que debilitan a defensa da víctima.

    3. agresión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente eléctrica alterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun lugar impreciso e próximo á persoa que fala. OBS: Esta forma adoita alternar coa forma acó, aínda que nun sentido estrito acó expresa só movemento fronte a acá, que achega as nocións de movemento e repouso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Acacio de Constantinopla ou a Acacio de Cesárea.

    2. eguidor das doutrinas de Acacio de Cesárea ou ao cisma acaciano.

    3. Cisma (482-519) provocado polo patriarca Acacio de Constantinopla, quen instigou ao emperador Zenón á publicación do Henōtikōn, edicto de unión de tendencia monofisita que non foi aceptado polo papa Fiz III quen excomungou o patriarca e iniciou o cisma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sociedade literaria, artística ou científica, xeralmente fundada e regulamentada por unha autoridade pública, que ten a finalidade de contribuír ao avance das letras, das artes ou das ciencias.

    2. Lugar en que se reúnen os académicos.

    3. Xunta de académicos.

    4. Institución de ensino artístico, técnico, ou mesmo xeral, de nivel superior ou medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Normativa propia dunha academia ou dun académico.

    2. Doutrina que propugna o seguimento do considerado academicamente correcto.

    3. Aplicación ás obras de arte dun espírito formalista que substitúe a expresión espontánea pola corrección normativa.

    VER O DETALLE DO TERMO