abundancia

abundancia

lat abundantĭa

Plural: abundancias
  1. s f

    Gran cantidade de algo superior á necesaria.

  2. s f

    Posesión abondosa de bens materiais.

  3. abundancia isotópica [QUÍM ]

    Porcentaxe en que, nunha mestura natural de isótopos dun elemento químico, se atopa cada un destes isótopos.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Esa familia sempre nadou na abundancia
  • O camiño que ía cara á fonte era moi pedregoso.
  • ¡Que abundancia de xoguetes ten este neno!, xa case non lle caben no seu cuarto

Frases feitas

  • En abundancia. loc adv Expresa a existencia dunha gran cantidade de algo. Ex: Este ano temos vi

Refráns

  • A torto ou dereito, a nosa casa ata o teito.
  • Día de todo, véspera de nada.
  • En mesa chea, a andorga chea.
  • Haber hainas como mantas.
  • Máis quero mesa farta, que mantelería branca.
  • Na casa onde hai bonete non falta molete.
  • Na mesa chea ben cabe a fogaza allea.
  • No ano caro, a peneira espesa e o cribo claro.
  • No bo ano a palla é grao.
  • O que ten moito mel, córneo con pan, córneo sen el ou córneo como quer.
  • o viño e o pan sempre se dan: uns anos ben, outros mal e outros menos mal.
  • Pan, que sobre; carne, que abonge; viño, que non falte; e alegría, que abaste.
  • Por moito pan nunca é mal ano.
  • Por moito trigo nunca é mal ano.

Palabras veciñas

abúlico -ca abullar abuna abundancia abundancial abundante abundar