"ribo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 213.

    1. Relativo ou pertencente aos beduínos.

    2. Individuo das tribos nómades ou seminómades beduínas.

    3. Tribos nómades ou seminómades de orixe árabe, que habitan as estepas e os desertos de Oriente Medio e de África Setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bexas ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo bexa.

    3. Pobo cuixítico constituído por diversas tribos nómades que habitan o territorio comprendido entre o mar Vermello, o Nilo e Al-’Aṭbara.

    4. Lingua cuxita falada polos bexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bhils.

    2. Individuo da tribo bhil.

    3. Tribo aborixe da India Occidental, espallada en diversos grupos desde as terras altas de Ajmer (Rājasthān), ao N, ata o distrito de Thāna (Mahārāshtra) ao S e cara ao L ata preto de Indaor (Madhya Pradesh).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bixaríns.

    2. Individuo da tribo dos bixaríns que pertence aos bexas.

    3. Tribo nómade que pertence ao pobo bexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Camiño percorrido por un barco entre dúas viradas cando, polo feito de ter vento de proa, ten que navegar de bolina, escorándose, a babor ou a estribor, da ruta que non pode seguir directamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Borel ou a un ente matemático que leva o seu nome.

    2. Elemento dunha tribo de Borel ou a tribo propiamente dita.

    3. Aplicación entre dous espazos topolóxicos X e Y, de xeito que a antiimaxe dun boreliano de Y é un boreliano de X

    4. Espazo que se pode medir. 

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medio arco que ten a función de estribo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos brahuis ou á súa lingua.

    2. Individuo da confederación de tribos dos brahui.

    3. Confederación de tribos do Baluchistán central e oriental que están organizados en 23 tribos tributarias do khan brahui de Qalāt.

    4. Lingua drávida, escrita en caracteres árabes que fala o pobo brahui.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xefe indio nas tribos das Antillas.

    2. Persoa importante dunha aldea ou vila, que exercía unha influencia excesiva nos asuntos políticos e administrativos, a causa do seu prestixio profesional ou polo seu poder económico ou ideolóxico, sen estar investido xuridicamente para exercer ningún cargo político ou administrativo.

    3. Político que exerce o poder de xeito autoritario baseándose no clientelismo e no favoritismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cahitas ou á súa lingua.

    2. Individuo da tribo amerindia cahita.

    3. Tribo amerindia que habitaba no noroeste de México, á beira dos ríos Sinaloa, Fuerte, Mayo e Yaqui. As principais tribos que sobreviven son os mayos e os yaquis.

    4. Lingua uto-azteca que falan os cahitas.

    VER O DETALLE DO TERMO