cahita

cahita
Plural: cahitas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cahitas ou á súa lingua.

  2. s [ETN ]

    Individuo da tribo amerindia cahita.

  3. s m pl [ETN ]

    Tribo amerindia que habitaba no noroeste de México, á beira dos ríos Sinaloa, Fuerte, Mayo e Yaqui. As principais tribos que sobreviven son os mayos e os yaquis.

  4. s m [LING ]

    Lingua uto-azteca que falan os cahitas.

Palabras veciñas

caguiñas cagulo caguña cahita cahorsino -na caiada caiapó