"penta" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 102.

    1. Planta herbácea perenne, da familia das escrofulariáceas, perenne, de talos glabros inferiormente e pubescente-glandulosos na inflorescencia, follas enteiras lanceoladas, flores de cor rosácea agrupadas en acios terminais e froitos en cápsula.

    2. Planta herbácea perenne, da familia das ranunculáceas, perenne, de talos reptantes con nós dos que brotan as raíces, follas basais con segmentos peciolados e flores de cor amarela brillante. É unha planta velenosa para o gando.

    3. Planta herbácea da familia das ranunculáceas, cos talos rastreiros, follas con pecíolo envaiñante na base e o limbo en forma de ril, flores grandes e de cor branca e froito de tipo aquenio con pico longo.

    4. lesta.

    5. armol.

    6. cordeiro de praia.

    7. alleira.

    8. Planta herbácea perenne, da familia das primuláceas, perenne, de talo ergueito, follas pequenas simples e opostas, e flores amarelas dispostas en panículas terminais.

    9. Planta herbácea perenne, da familia das apocináceas, de talo entre ergueito e tumbado, follas ovadas, con base obtusa e opostas e flores dispostas en talos ergueitos, coa corola branquiazul en forma de tubo que se ensancha en cinco lóbulos.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha das fontes, aos documentos e ás tradicións principais que se discernen no Pentateuco, que se caracterizan polo uso do nome de Iavé e o de Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou condición de impuro.

    2. Substancia que converte a outra en impura

    3. Átomo trivalente ou pentavalente que, disposto convenientemente na estrutura cristalina dun semicondutor intrínseco, o converte en extrínseco (p ou n, respectivamente).

    4. Elemento estraño á matriz metálica incluído nesta como átomo intersticial ou de substitución, ou ben en forma de fase dispersa, nun metal ou aliaxe.

    5. Impureza da que se hai que liberar ritualmente se se pretende participar do culto sagrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Norma xurídica de carácter xeral e obrigatorio, ditada polos órganos estatais ou autonómicos aos que a Constitución e os Estatutos de Autonomía atribúen o poder lexislativo.

    2. Denominación que se adoita dar á lei procesual e á lei penal, en tanto que regulan a actividade procedemental desenvolvida polos organismos xurisdicionais e castigan as condutas punibles segundo a lei penal.

    3. Lei aprobada pola asemblea lexislativa que ten por finalidade delegar noutro órgano a formación de textos articulados, delimitando con precisión o obxecto e o alcance da delegación.

    4. Facultade que o ordenamento xurídico outorga aos contratantes de regular, ao seu arbitrio, o contido do contrato en todas aquelas materias en que predomina o principio de autonomía privada. Os pactos ou as cláusulas contractuais que se derivan teñen forza de lei entre as partes contratantes se non son contrarias ás leis, á moral e á orde pública.

    5. Lei que define e regula a actividade, a organización e as institucións políticas dun estado.

    6. Disposición de carácter punitivo ditada pola autoridade militar en situacións como as de estado de guerra ou similares.

    7. Lei para regular o desenvolvemento dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, a aprobación dos estatutos de autonomía, do réxime electoral xeral e outras materias explicitamente establecidas na Constitución de 1978. A súa aprobación, modificación e derrogación esixe o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.

    8. Norma xurídica que se refire exclusivamente a unha certa categoría de persoas, cousas ou relacións xurídicas ou que rexe unicamente en lugares determinados.

    9. Lei ou conxunto de normas ditadas polo poder lexislativo competente para regular as necesidades xurídicas da comunidade.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comentario esexético da Biblia, na literatura rabínica, dividido en halakà, de tipo xurídico ou ritual, baseada no Pentateuco; a haggadà, que comenta o texto bíblico servíndose de lendas, poemas ou parábolas, e o pesĕt, que actualiza as escrituras proféticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido compoñente da mestura complexa de ácidos monocarboxílicos, que deriva do ciclopentano, do ciclohexano e dos hidrocarburos alicíclicos alquilatados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cangrexo decápodo, da familia dos portúnidos, cunha cuncha pentagonal pilosa, de cor variable e co primeiro par de patas modificado nunhas pinzas.

    2. Crustáceo decápodo, da familia dos portúnidos, de cuncha oval de cor vermella con manchas amarelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás nepentáceas.

    2. Planta da familia das nepentáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou arbustivas, do xénero Nepenthes, que presentan follas rematadas en ascidios para capturar insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia feita con fibras vexetais adheridas entre elas que colle a forma de láminas finas.

    2. Peza, folla ou anaco feito con pasta de papel.

    3. Papel moi fino, compacto e forte que se emprega en edicións de luxo.

    4. Papel de cor branca onde non hai nada escrito nin impreso.

    5. Papel impregnado por unha cara dunha mestura de alcohol, glicerina e un colorante, que se emprega para obter copias na máquina de escribir.

    6. Papel moi transparente que permite reproducir debuxos.

    7. Papel provisto dunha capa de estuco que lle confire impermeabilidade, moi satinado e vernizado, que se emprega para gravados ou fotogravados.

    8. Folla moi fina de aluminio, impermeable, que se emprega para envolver certos produtos, protexelos e conservalos.

    9. Papel feito con medula da árbore da palma ou con canas de bambú.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título dado aos bispos das cinco sés máis importantes do Imperio Romano e que se outorga aos cabezas das igrexas orientais e honorificamente a algúns bispos da Igrexa católica.

    2. Epónimo que, na tradición sacerdotal do Pentateuco, forma as dúas xenealoxías de dez nomes que van desde a creación ao dioivo e deste a Abrahán.

    3. Persoa anciá dunha grande autoridade moral.

    4. Xefe dunha comunidade xitana.

    VER O DETALLE DO TERMO