"Roi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1277.

  • Formación do froito con sementes fértiles sen o estímulo da fecundación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esterol triterpénico, con tres enlaces dobres, que se atopa na graxa da la.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer secar as plantas, as herbas ou as froitas.

    2. Perder a humidade calquera tipo de colleita ou vexetal.

    3. Secar un curso de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mes de agosto, en particular aos froitos que madurecen nese mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das brasicáceas, que presenta follas imperipinnadas, flores de cor branca dispostas en acios e froito en silicua. Emprégase para combater as lombrigas e o escorbuto.

    2. Nome común co que se denominan as plantas dos xéneros Cardamine e Lepidium.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore, da familia das lauráceas, moi cultivada na maioría dos países cálidos polo seu froito.

    2. Froito tropical en baga da árbore do mesmo nome, de aspecto arredondado e unha polpa manteigosa que cobre unha única e gran carabuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia e xeralmente dióica, da familia das simarubáceas, de follas compostas con glándulas de cheiro desagradable, flores pequenas e verdosas e froitos alados dunha soa semente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto dioico, da familia das ramnáceas, de follas perennes, lustrosas e coriáceas, de flores pentámeras e miúdas agrupadas en acios e de froitos en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito do albaricoqueiro de cor amarela laranxa, de tacto suave e cunha carabuña no interior.

    VER O DETALLE DO TERMO