"Manus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 45.

    1. Aplícase ao dedo da man entre o polgar e o maior. Tm s m.

    2. Indicio ou sinal de algo.

      1. Instrumento ou parte del que sinala ou indica algunha cousa.

      2. Gnomon dun cadrante solar.

      1. Número que expresa a relación entre dúas ou máis magnitudes que se emprega para comparar factores ou magnitudes máis complexas.

      2. Relación antropométrica feita entre dúas magnitudes do corpo humano.

      3. Medida da evolución no tempo dos prezos dun conxunto de bens e servizos, clasificados por sectores, que consome unha unidade familiar media, representativa dos hábitos de consumo do conxunto dunha sociedade.

      4. Indicador que expresa a evolución relativa da cotización dun valor, dun sector ou dun mercado, nos sucesivos períodos de cotización bolsista, tomando como base o valor nunha data determinada.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro ou manuscrito que ten as follas de papel pregadas en dúas, de forma que cada unha presenta catro caras.

    2. Calquera volume que teña como mínimo 40 cm de lonxitude e 26 cm de ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erro de escritura producido nos manuscritos gregos pola substitución, cun iota, das vogais ou ditongos de igual son (ει, η, υ, οι).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ensinanza oral ou práctica que reciben unha ou máis persoas.

      1. Ensino dunha disciplina académica dada por un mestre a un ou máis alumnos nunha sesión.

      2. Parte dunha materia que o alumno debe ter aprendida para unha clase.

      3. Cada unha dos apartados en que se divide un texto, especialmente un texto escolástico.

      4. Conferencia ou discurso que pronuncia un profesor sobre un determinado asunto nun acto académico solemne ou un candidato diante dun tribunal para superar unha oposición.

    2. Ensinanza ou experiencia que se tira de algo, xeralmente desagradable.

    3. Forma dunha palabra ou unha frase determinada por un manuscrito ou unha familia de manuscritos.

    4. Fragmento das Escrituras que se le ou canta na misa durante o oficio divino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de follas de papel ou doutro material, manuscritas ou impresas, cosidas, pegadas ou fixadas entre si por calquera outro sistema, e encadernadas, destinadas á lectura.

    2. Publicación non periódica que ten máis de 48 páxinas.

    3. Reunión de documentos ou informes, en forma de libro, sobre un tema de actualidade, publicados, xeralmente, por algún organismo.

    4. Coleccións de documentos políticos editados por diferentes estados para informar sobre un tema, defenderse de acusacións doutros estados ou acusar a algún de agresión, de ilegalidade ou de non respectar un pacto.

    5. Libro en que se rexistra a cantidade e a natureza das mercadorías que transporta unha nave, así como o nome dos pasaxeiros.

    6. Libro en que se fai constar as decisións que adopta un tribunal, que non segue o procedemento, a vista e a sentenza dun asunto.

    7. novela de cabalerías.

    8. Rexistro en que se recollen as entradas e saídas de diñeiro dunha empresa con indicación da data da operación.

    9. Libro en que se rexistran os libros dunha biblioteca.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está escrito á man.

    2. Texto escrito á man.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á illa de Man e á súa lingua.

    2. Lingua gaélica da illa de Man, que pertence ao celta insular e que se extinguiu como lingua natural no s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa que presenta un tamaño moi reducido.

    2. Pintura de figuras pequenas ou ornamentos feita nos manuscritos medievais ou nos misais.

    3. Tipo de retrato cultivado a partir do s XVI, en especial para medallóns e debuxos de obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura usual da palabra manuscrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que designa as abreviaturas que se empregaban nos manuscritos antigos de obras xurídicas, especialmente referidas aos termos técnicos.

    VER O DETALLE DO TERMO