índice

índice

lat indĭce

Plural: índices
  1. adx

    Aplícase ao dedo da man entre o polgar e o maior. Tm s m.

  2. s m

    Indicio ou sinal de algo.

  3. s m
    1. Instrumento ou parte del que sinala ou indica algunha cousa.

    2. [ASTRON ]

      Gnomon dun cadrante solar.

    1. s

      Número que expresa a relación entre dúas ou máis magnitudes que se emprega para comparar factores ou magnitudes máis complexas.

    2. s [ANTROP ]

      Relación antropométrica feita entre dúas magnitudes do corpo humano.

    3. índice de prezos ao consumo [IPC] [ECON ]

      Medida da evolución no tempo dos prezos dun conxunto de bens e servizos, clasificados por sectores, que consome unha unidade familiar media, representativa dos hábitos de consumo do conxunto dunha sociedade.

    4. índice xeral de bolsa [ECON ]

      Indicador que expresa a evolución relativa da cotización dun valor, dun sector ou dun mercado, nos sucesivos períodos de cotización bolsista, tomando como base o valor nunha data determinada.

  4. s m [MAT ]

    Signo distintivo que se lle engade a unha letra cando é utilizada para representar magnitudes análogas pero non iguais.

  5. s m [MAT ]

    Número ou letra que expresa o grao dunha raíz.

  6. s m [MAT ]

    Ecuación matemática que se utiliza para obter os valores da variación dun fenómeno determinado.

  7. s m
    1. Lista ou táboa ordenada do contido dun libro, dos seus capítulos, das ilustracións, as materias e os nomes propios que figuran nel.

    2. Catálogo alfabético ou cronolóxico de autores ou materias dos manuscritos e volumes que se gardan nun arquivo ou nunha biblioteca.

  8. índice de cor [ASTRON ]

    Diferenza entre as magnitudes aparentes dun astro medidas en dúas lonxitudes de onda diferentes, que dá unha idea da temperatura superficial do astro.

Sinónimos

Citas

  • As súas accións son índice da pouca educación que ten