"Loi" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 437.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tetraploidia constituída por dotacións cromosómicas que corresponden a especies diferentes.
-
-
Sólido de dureza moi elevada que existe na natureza en forma de anhidro e cristaliza en forma de corindón e hidratado en diversos graos. Emprégase na fabricación de aluminio e na obtención de abrasivos, refractarios, pezas de cerámicas, catalizadores e soportes de catalizadores.
-
Alumina en forma granular de porosidade moi elevada e gran superficie específica, que manifesta unha gran capacidade de absorción, especialmente para a auga. Emprégase para secar gases ou vapores e certos líquidos, como catalizador e como absorbente.
-
alundo.
-
Calquera dos hidratos de alumina.
-
Hidróxido de aluminio coloidal, que con solucións acuosas ácidas forma xeles dotados de propiedades absorbentes que se utilizan en medicina contra a acidez gástrica.
-
-
-
Substancia mucilaxinosa, constituída por ácido alxínico ou alxinatos impuros, extraída de algas mariñas pardas. A alxina é un coloide hidrofílico moi empregado coma espesante, emulsionante, estabilizante, humectante e axente de suspensión. Aplícase na fabricación de fibras, aprestos e pezas téxtiles, no tratamento de augas de caldeiras e de fangos de perforación, na emulsión de aceites minerais e coma aglomerante e adhesivo.
-
Fibra ou fío formado por un alxinato metálico insoluble. Os fíos de alxina empréganse sobre todo como soporte para tecer fíos de la moi finos, que doutro xeito non se poderían obter.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia extremadamente tóxica, extraída da Amanita phalloides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao cáliz que ten pezas de dúas clases, as exteriores sepaloides e as interiores petaloides.
-
-
Aplícase á persoa afable e cordial.
-
Que ten lugar pola vía da reconciliación.
-
Que se xoga sen loitar por un trofeo.
-
-
-
Que ten forma de améndoa.
-
-
Aplícase ás rochas ígneas que teñen no seu interior pequenas cavidades en forma de burbullas.
-
Aplícase aos minerais secundarios que enchen as cavidades das rochas amigdaloides.
-
-
-
-
Que está unido pola amizade con alguén.
-
Que ten afección por algo ou por alguén.
-
Persoa con quen alguén fai vida matrimonial sen estar legalmente casados.
-
Termo para designar ‘o amado, o namorado’, nas cantigas de amigo da lírica galego-portuguesa medieval.
-
Dous números, dos que cada un é a suma de todos os divisores do outro.
-
-
-
Que é semellante ao amidón.
-
Proteína complexa formada por unha fracción fundamental de natureza globulínica e unha pequena proporción asociada de mucopolisacáridos sulfurados.
-
Afección causada pola infiltración de amiloides no sistema nervioso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza de causa descoñecida caracterizada polo depósito extracelular dunha substancia proteica.