"Gadir" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 50.

    1. Acción e efecto de estender ou estenderse.

      1. Espazo que ocupa algunha cousa.

      2. Superficie de terreo.

    2. Tempo que dura algo.

    3. Movemento polo que se estende un membro do corpo.

    4. Liña telefónica interna que depende dunha central.

    5. Propiedade da materia de estar situada no espazo e ocupar unha porción determinada do mesmo.

    6. Clase dos obxectos respecto aos que un termo é verdade.

    7. Conxunto de individuos comprendidos nunha idea.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de interpolar.

    2. Transplante cirúrxico dun tecido.

      1. Alteración dun texto, frecuente nos clásicos, que se debe á tendencia dos escribáns a facilitar a claridade do autor.

      2. Palabra interpolada no texto. Nas crónicas medievais, a presenza de interpolacións debeuse ao desexo de engadir datos considerados interesantes ou pertinentes.

    3. Termo da glosemática que indica un engadido calquera a un texto.

    4. Procedemento que, dados os n valores y 1 , y 2 ,..., y i ,..., y n dunha función y = g(x) nos puntos x 1 , x 2 ,..., x i ,..., x n , permite calcular, aproximadamente, os valores de g(x) en puntos intermedios aos dados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trasladar algo ou alguén a un lugar determinado.

    2. Acompañar a alguén a un lugar.

    3. Conducir ou dirixir a un lugar. Tm abs.

    4. Ter algo ou alguén sobre si, ou usar algo habitualmente.

    5. Manexar un vehículo.

    6. Estar ou expresar certa situación ou estado.

    7. Facerse cargo dunha responsabilidade ou función.

    8. Cortar algo con violencia.

    9. Destruír ou danar algo.

    10. Custar algo certa cantidade.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Limitación á liberdade de testar que a lei impón no testador, que consiste no deber de atribuír aos seus parentes da liña directa descendente ou ascendente un valor patrimonial a cargo da herdanza.

    2. Parte da lexítima que ten que dividirse con absoluta igualdade entre os herdeiros forzosos.

    3. Herdanza composta pola lexítima e pola mellora.

    4. Aquilo que hai que engadir á cantidade deixada polo testador a un herdeiro forzoso para que sexa igual á lexítima que lle corresponde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encima que cataliza as reaccións de eliminación de grupos e libera produtos con enlaces dobres, ou que suma grupos aos enlaces dobres sen necesidade de engadir auga. As liases non catalizan reaccións de hidrólise nin de deshidroxenación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cóctel que se fai con ron, xenebra, brandy ou outro licor con limón e, en xeral, un pouco de granadina, que se serve en copa xeada. Adoita engadirse un chorriño de sifón e dúas ou tres guindas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que unha persoa ou cousa entre no interior doutra ou se sitúe entre outras.

    2. Poñer a alguén nunha determinada situación.

    3. Facer que alguén ingrese nun centro ou nunha colectividade, ou se dedique a unha profesión ou oficio.

    4. Introducir certa cantidade de diñeiro nalgunha entidade bancaria.

    5. Facer que alguén comparta unha determinada ideoloxía.

    6. Colocar algo nun lugar.

    7. Facer que unha persoa reciba ou crea algo sen decatarse.

    8. Engadir unha cousa a outra.

    9. Facer máis estreita ou curta unha peza de roupa.

    10. Golpear algo ou alguén.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de unidades físicas que se emprega en mecánica, no que as magnitudes básicas son a lonxitude, a masa, o tempo e a corrente eléctrica. As unidades correspondentes son o metro (m), o quilogramo (kg), o segundo (s) e o ampere (A), respectivamente. Ao engadir o kelvin, a candela e o mol, formouse o sistema internacional de unidades (SI).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.             AO 2 + A D 2AO

    2. Oxidación dunha substancia, xeralmente un líquido, a temperatura normal, polo osíxeno do aire. Unha reacción de autooxidación prodúcese en dúas fases:
      O2+A→AO2 (formación de peróxido)
      AO2+A→2AO
      A primeira fase é lenta e controla o sistema de oxidación. Este proceso emprégase no secado de pinturas.

    3. Acción ou efecto de oxidar ou oxidarse.

    4. Proceso polo que un elemento aumenta o seu número de oxidación ao perder algún electrón.

    5. Formación de ferruxe na superficie do ferro ou doutro metal, pola acción do aire húmido ou por corrosión.

    6. Número que representa o número de electróns que cómpre engadir ou quitar a un átomo que forma parte dunha combinación para volvelo ao seu estado elemental.

    7. Oxidación que se produce no ánodo durante os procesos de electrólise.

    8. Combinación dos aglutinantes bituminosos co osíxeno atmosférico, que provoca o endurecemento do betume ou do alcatrán, a diminución da súa penetración e normalmente o aumento da súa fraxilidade.

    9. Formación de óxidos ou doutros compostos sobre a superficie dos metais por reacción con gases secos a altas temperaturas. OBS: A grafía representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto agregado que coincide co PNB, despois de deducirlle o producido polos factores nacionais situados no estranxeiro e engadirlle o producido polos factores estranxeiros situados no interior.

    VER O DETALLE DO TERMO