"France" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 80.

  • Danza antiga de orixe francesa, difundida en Francia e Italia durante os ss XVI e XVII, que se converteu nun dos movementos da suite.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ocupa o lugar número catro nunha serie.

      2. 1 corta.

      1. Que corresponde a cada unha das partes dunha cantidade ou dun todo divididos en catro porcións iguais. Tm s m.

      2. Serie ou duración de quince minutos, cuarta parte dunha hora.

      3. Imposición que equivale á cuarta parte dunha venda ou produto.

      4. Cada unha das catro partes en que se considera dividido o corpo dun animal, especialmente dun cuadrúpede ou dunha ave, ao seccionalo polo seu plano de simetría lonxitudinal e pola súa metade transversal.

      5. Cuarta parte da renda dun beneficio que había que darlle ao bispo ou á súa mesa episcopal despois da morte do beneficiado ou da renuncia do beneficio mentres este estaba vacante.

    1. Cada unha das dependencias da casa, normalmente sen incluír a cociña.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das demarcacións que, con finalidades administrativas, divide un municipio, unha comarca ou un Estado.

      2. Cada unha das circunscricións administrativas en que están divididos os departamentos franceses desde a súa creación en 1790.

      3. Circunscrición administrativa de primeira orde en Belize, Eslovaquia, Islandia, Israel, Lesotho, Luxemburgo, Mauricio, Portugal, Siria, Sri Lanka, Surinam, Swazilandia, Uganda e Djbuti, e, de segunda orde, en Albania, Malawi e Serra Leona.

      4. División administrativa de primeira orde en cuxo territorio  radica a capital dun estado federal.

      5. Subdivisión administrativa dos departamentos marítimos españois.

      1. Cada unha das demarcacións territoriais onde concorren os candidatos dunhas eleccións.

      2. Cada unha das demarcacións en que se subdivide o territorio dun municipio para a xestión dos servizos administrativos.

    1. Unidade fitoxeográfica inmediatamente inferior á provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das persecucións feitas, xeralmente, por rexementos de dragóns contra os protestantes franceses baixo o reinado de Luís XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á unha obra enciclopédica.

      2. Autor dunha obra enciclopédica.

      1. Relativo ou pertencente ao enciclopedismo ou á Encyclopédie francesa.

      2. Seguidor do enciclopedismo.

      3. Autor da Encyclopédie francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Francia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Francia.

    3. Lingua románica occidental, que pertence ao dominio galorrománico, idioma oficial de Francia, Bélxica, Suíza, Mónaco, Luxemburgo, e de territorios colonizados por Francia como Québec, Haití, Polinesia Francesa, Cambodia, Senegal e Camerún.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Invasión realizada polos franceses en España en 1808.

    2. Dito ou feito propio dos franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xiro ou modo de falar propio propio e característico da lingua francesa.

    2. ocábulo ou xiro da lingua francesa usado noutra lingua.

    3. Emprego de vocábulos ou xiros franceses noutra lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade monetaria de Burundi, Benin, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Chad, Comores, Congo, Costa de Marfil, Gabón, Guinea Ecuatorial, Lietchtenstein Madagascar, Mali, Níxer, Rwanda, Senegal, Suíza, Togo, Djibuti e as colonias francesas da Polinesia.

      1. Unidade monetaria principal de Francia establecida formalmente en 1795 pola Convención Nacional, cunha equivalencia de 5 g de prata, que se empregou tamén como moeda de curso legal en Mónaco e Andorra. Foi substituído polo euro en 2002 e o seu cambio ofi  cial co euro fixouse en 6,5595.

      2. Moeda francesa de ouro, cuñada por primeira vez en 1360, cun peso arredor de 4 g e o valor dunha libra tornesa.

      3. Moeda francesa de prata creada por Enrique III en 1575, cun peso de 12 a 14 g e o valor dunha libra tornesa.

      4. alor monetario establecido a finais do s XVIII equivalente a unha libra tornesa, cuxa diminución orixinou o franco francés.

      5. Unidade monetaria de Bélxica desde 1832. Foi substituído polo euro en 2002.

      6. Unidade monetaria de Luxemburgo. Foi substituído polo euro en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos canadenses de fala francesa que no s XIX se estableceron en EE UU, fundamentalmente en Nova Inglaterra. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO