cuarto -ta

cuarto -ta

lat quartu

Plural: cuartos Masculino: cuarto Masculino plural: cuartos Feminino: cuarta Feminino plural: cuartas
    1. num ord

      Que ocupa o lugar número catro nunha serie.

    2.  cuarta feira

      1 corta.

    1. num ord

      Que corresponde a cada unha das partes dunha cantidade ou dun todo divididos en catro porcións iguais. Tm s m.

    2. s

      Serie ou duración de quince minutos, cuarta parte dunha hora.

    3. s [HIST/DER ]

      Imposición que equivale á cuarta parte dunha venda ou produto.

    4. s

      Cada unha das catro partes en que se considera dividido o corpo dun animal, especialmente dun cuadrúpede ou dunha ave, ao seccionalo polo seu plano de simetría lonxitudinal e pola súa metade transversal.

    5. cuarta canónica [HIST ]

      Cuarta parte da renda dun beneficio que había que darlle ao bispo ou á súa mesa episcopal despois da morte do beneficiado ou da renuncia do beneficio mentres este estaba vacante.

  1. s m

    Cada unha das dependencias da casa, normalmente sen incluír a cociña.

    1. s

      Cada unha das fases da Lúa.

    2. cuarto crecente

      Lúa crecente cando está na cuadratura oriental.

    3. cuarto minguante

      Lúa minguante cando está na cuadratura occidental.

  2. s m [DER ]

    Capelanía parroquial agregada a unha coenxía para aumentar o seu produto ou a súa renda.

  3. s m [NUMIS ]

    Moeda castelá de cobre.

  4. cuarta dimensión [MAT/FÍS ]

    Nome dado á coordenada tempo, no espazo cuadridimensional ou de Minkowski e na teoría da relatividade.

  5. cuarta proporcional
    1. Número x que, dados tres números a, b e c, cumpre a/b=c/x.

    2. Segmento de lonxitude x tal que, dados tres segmentos de lonxitudes a, b e c, x é a cuarta proporcional de a, b e c.

  6. cuarto estado [HIST ]

    Proletariado na época da Revolución Francesa.

Citas

  • Comeron a cuarta parte do pastel, Sempre compra un cuarto quilo de carne