"Edite" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 58.

  • Culto esotérico ao coñecemento divino, síntese do cristianismo, da filosofía grega e das doutrinas herméticas mediterráneas, así como de seitas persas como o zoroastrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao vento forte do nordés que se dá no Mediterráneo Occidental e Central e nas zonas europeas adxacentes. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Grecia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Grecia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo grego.

      2. Individuo do pobo grego.

      3. Pobo de orixe indoeuropea que chegou en sucesivos momentos históricos ata as costas do Mediterráneo a comezos do II milenio a C, procedente da conca do río Danubio, no SL de Europa.

    1.   Lingua illada da familia indoeuropea, que se fala na Hélade, e nas costas e nas illas do Mar Exeo. Na época histórica constituíu un amplo mosaico de dialectos que acadaron categoría literaria. O grego da época alfabética comezou no s VIII a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, da familia das zigofiláceas, con follas alternas, flores solitarias esbrancuxadas e froitos en cápsula trivalva globosa. Medra nos terreos esteparios e en ermos secos da rexión mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aso, de cerámica ou de bronce, usado antigamente nos pobos do Mediterráneo para conter auga, que podía empregarse como furna nas asembleas xudiciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo que significa ‘dereito’ e co que se designan os diferentes dereitos, dos que destacan o ius honorarium, dereito fundado sobre os edictos dos maxistrados; o ius naturale, dereito que se considera establecido pola natureza; o ius civile, dereito introducido en Roma tras a súa entrada en contacto con outras civilizacións mediterráneas; e o ius gentium ou dereito de xentes.

    2. Dereito de emitir moeda que xeralmente correspondía ao rei.

    3. Facultade que tiña, no dereito romano, o patrón sobre o colono, un home libre ligado a perpetuidade á terra doutro para cultivala a cambio dun pago en diñeiro ou en especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Designación da lingua grega que, baseada no dialecto ático, se falou no Mediterráneo a partir da época de Alexandre o Grande.

    2. Lingua común e xeral, en oposición a dialecto, de carácter uniforme e que se presenta nun territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua preindoeuropea e mediterránea, moi afín ao lígur, que falaban os leponcios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pobos do Levante ou do Mediterráneo Oriental.

    2. Natural ou habitante deste territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos libiofenicios.

    2. Individuo do pobo libiofenicio.

    3. Pobo mencionado por Diodoro, Éforo e Avieno que habitaba na costa mediterránea de Andalucía. Podía descender dos colonos fenicios e da poboación local, os bástulos.

    VER O DETALLE DO TERMO