ius*
ius*
Plural:
iuses
-
s
m
[DER ]
Termo que significa ‘dereito’ e co que se designan os diferentes dereitos, dos que destacan o ius honorarium, dereito fundado sobre os edictos dos maxistrados; o ius naturale, dereito que se considera establecido pola natureza; o ius civile, dereito introducido en Roma tras a súa entrada en contacto con outras civilizacións mediterráneas; e o ius gentium ou dereito de xentes.
-
ius monetae
[DER ]
Dereito de emitir moeda que xeralmente correspondía ao rei.
-
ius patronatus
[DER ]
Facultade que tiña, no dereito romano, o patrón sobre o colono, un home libre ligado a perpetuidade á terra doutro para cultivala a cambio dun pago en diñeiro ou en especie.