"Adam" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 271.

  • Marca rexistrada dunha aliaxe constituída por un 94%, aproximadamente, de níquel, e por pequenas cantidades ben controladas de silicio, aluminio e manganeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia extremadamente tóxica, extraída da Amanita phalloides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula que no embrión humano constitúe os epitelios adamantinos, que recobren practicamente todo o órgano adamantino no embrión.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte do costado dun navío, cara á proa, por onde comeza a ser máis estreito.

      2. Anchura do barco situada aproximadamente na oitava parte da súa eslora a partir da proa, medida sobre unha perpendicular.

      3. er algo cunha marcación duns 45° (amura de estribor) ou duns 315° (amura de babor).

    1. Cabo suxeito a cada un dos puños baixos das velas de cruz e que serven para amarralas ou modificar a súa posición.

    2. Puño formado pola intersección do bordo superior e o bordo inferior da vela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.

    2. Estudo esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, teoría ou calquera outro complexo discursivo.

    3. Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador.

    4. Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudo que se propón.

    5. Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais.

    6. Determinación dos seres vivos contidos no solo que permite estimar a fertilidade do solo estudado.

    7. Análise da composición, das propiedades, do valor alimenticio, da conservación e do estado químico e sanitario dos produtos naturais ou artificiais destinados á alimentación humana ou animal.

    8. Análise de sangue, de ouriños ou doutros líquidos e produtos da secreción corporal.

    9. Eido das matemáticas destinado á resolución de problemas que consisten en escoller e colocar os elementos dos conxuntos, habitualmente finitos, de acordo cunhas certas leis ben establecidas. OBS: Tamén se denomina de teoría combinatoria.

    10. Análise non baseada en medidas precisas e supostos cuantitativos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento musical moderadamente rápido, entre o allegretto e o larghetto.

    2. Fragmento escrito neste movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos andhras ou á súa lingua.

    2. Individuo pertencente á tribo dos andhra.

    3. Pobo preario establecido na rexión situada entre os ríos Kistna e Godavari, aproximadamente desde 400 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Andes, á rexión dos Andes ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante dos Andes ou da rexión dos Andes.

    3. Área cultural de América do Sur que se estende, aproximadamente, entre os 2° latitude N e os 30° latitude S, na rexión dos Andes.

    4. Rexión bioxeográfica neotropical que comprende os pisos superiores dos Andes, desde o centro de Chile e Arxentina ata Colombia e Ecuador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Intervalo de tempo, segundo a hipótese aparente, comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo mesmo punto da eclíptica, que corresponde, segundo a hipótese real, á duración dunha revolución da Terra arredor do Sol.

      2. Intervalo de tempo que, segundo a hipótese aparente, transcorre entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo perixeo. Equivale a 365,2596 días civís.

      3. Calquera dos intervalos cos que se mide a órbita de translación da Terra por oposición a ano civil.

      4. Unidade usada en astronomía que equivale á lonxitude que percorre a luz nun ano.

      5. Ano solar, en relación coa sucesión das estacións e por oposición a ano civil.

      6. Intervalo de tempo en que o Sol percorre os 360° da eclíptica ou ben o intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas do Sol polo círculo horario dunha mesma estrela. A súa duración é de 365,256 días.

      7. Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas do Sol polo primeiro punto de Aries.

      1. Unidade de medida do tempo, que corresponde aproximadamente ao ano solar ou trópico.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contradición real ou aparente entre dúas leis ou entre dous preceptos dunha mesma lei.

    2. Contradición entre dúas proposicións que, consideradas illadamente, teñen tantas razóns xustificadoras unha coma a outra.

    3. paradoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO