"XT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2700.

  • Punción feita nunha cavidade articular para extraer líquido dela, con finalidade terapéutica ou de diagnóstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne da familia das apiáceas, que presenta follas en forma de vaíña e divididas en lóbulos con flores amarelas e froitos en cápsulas estreladas. As súas raíces son comestibles.

    2. Resina gomosa de cheiro forte e de sabor amargo, que se extrae da raíz da asafétida e que se emprega en medicina, en veterinaria, en perfumaría e como condimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de organización das esponxas máis simples caracterizado polo feito de teren o corpo en forma de saco, aberto ao exterior por un ósculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asa pequena.

    2. Asa pequena que se fai no extremo da corda para introducir nela o corno da vaca.

    3. Argola de calquera material.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntanza de persoas reunidas para deliberar e tomar acordos.

      1. Toque de timbal ou trompeta para a reunión e formación das tropas.

      2. Reunión numerosa de tropas para ser instruídas ou para entrar en campaña.

    2. Reunión de todos os compoñentes dunha sociedade, corporación e, en xeral, de calquera persoa xurídica, que constitúe o máximo órgano deliberante.

    3. Congreso dun partido político.

    4. Asemblea extraordinaria que establece un novo texto constitucional.

    5. Órgano composto por todos os traballadores da empresa que ten a finalidade de controlar os representantes obreiros nos diferentes espazos de actuación dentro da empresa.

    6. Reunión de fieis destinada a proclamar e escoitar a palabra de Deus contida na Biblia ou a celebrar a Eucaristía.

    7. Cámara baixa ou primeira cámara da República francesa, que ten a súa sede no Palais Bourbon de París. Está formada por 577 deputados, elixidos mediante sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aspira.

      1. Aparato que produce movemento de gases ou de líquidos por aspiración.

      2. Aparato que se emprega para a extracción de fumes e gases.

      3. Aparato que se utiliza na drenaxe de fluídos presentes nas cavidades do organismo.

      4. Conduto que enlaza a boca dunha bomba ou dunha turbina coa masa líquida situada no nivel máis baixo.

    2. Máquina para a limpeza doméstica que saca o po por aspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Introducir nos pulmóns, a través da boca ou do nariz, o aire exterior ou calquera substancia que vai disolta nel.

    2. Pronunciar un son cun ruído gutural debido á expulsión do aire a través da glote aberta.

    3. Desprazar un fluído mediante a depresión creada por unha bomba, un ventilador, unha turbina ou un motor alternativo, para obter un caudal contínuo deste fluído.

    4. Poñer alguén os medios para a obtención dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten dirección ou orientación característica.

      1. Que non está afectado por un campo magnético exterior.

      2. Sistema astático formado por dous imáns iguais fixos sobre un mesmo eixe e colocados en sentido inverso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de ciencias e tecnoloxías aplicadas ao estudo e ao desenvolvemento da locomoción de máquinas polo espazo extraatmosférico, ademais da súa explotación científica, militar e comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ehículo tripulado que se despraza polo espazo extraatmosférico e que se sitúa na órbita celeste. Foi substituída pola lanzadeira espacial.

    VER O DETALLE DO TERMO