"Forman" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 633.

      1. Arte e técnica de montar a escena teatral.

      2. Conxunto de elementos que forman o decorado dunha obra teatral, cinematográfica ou dun programa de televisión.

    1. Conxunto de elementos arquitectónicos ou paisaxísticos que se dispoñen nunha obra de arte para producir o efecto dun ambiente determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escómbridos.

    2. Peixe da familia dos escómbridos.

    3. Familia de peixes osteíctios, da orde dos perciformes, de corpo alongado, fusiforme, co pedúnculo caudal moi estreito, as dúas aletas dorsais separadas e as pectorais curtas, o fociño afiado e a boca grande, con pequenos dentes. Son gregarios e forman bancos moi numerosos. Esta familia engloba os alistados, as xardas, o bonito, a albacora e o atún.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento de madeira, metal ou plástico, en forma de triángulo rectángulo isóscele ou constituído por dúas regras perpendiculares formando un L ou un T, que se emprega para trazar ángulos rectos, liñas paralelas e outras figuras xeométricas.

    2. Peza de metal ou madeira composta por dúas regras en ángulo recto que serve para afianzar e asegurar as ensamblaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brión hidrófilo, do xénero Sphagnum, que ten o caulidio con dous tipos de pólas, perpendiculares e pendurantes, dispostas en fascículos laterais, que na parte apical forman unha mouta de pólas curtas, denominada capítulo; neste sitúase o esporanxio que libera as esporas por abertura violenta da cápsula. Forman céspedes ou almofadiñas en turbeiras e brañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desfacer unha cousa pola perda dos elementos que a forman ou pola rotura dalgunha das súas partes. Tm v pron.

    2. Descolocar unha cousa. Tm v pron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos dous ósos que forman parte da cintura escapular dos vertebrados e que ocupa unha posición dorsal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que o que está xunto, amontoado ou formando un grupo ou colectividade se separe.

      1. Facer que algo non disgregable ocupe un espazo maior.

      2. Facer que unha noticia ou idea chegue a máis persoas ou lugares.

    2. Separar a palla miúda e partida da enteira.

    3. Separarse o que está xunto, amontoado ou formando un grupo ou colectividade.

      1. Ocupar algo non disgregable un espazo maior.

      2. Chegar unha noticia ou unha idea a máis sitios ou persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento que se representa, en principio, como un baleiro ilimitado, continuo, tridimensional e continente de todos os obxectos sensibles, dentro do que estes poden cambiar de posición.

      1. Extensión, fóra da atmosfera terrestre, en que se sitúan os astros.

      2. Sector da atmosfera comprendido entre a superficie terrestre e o límite practicable pola navegación aérea.

      3. Espazo que contén os planos das órbitas que percorren os planetas arredor do Sol.

      1. Porción delimitada da extensión que conteñen todos os corpos existentes.

      2. Extensión que ocupa un corpo.

      3. Medio en que se desenvolven os procesos xeográficos; en sentido amplo, a totalidade da superficie terrestre.

      4. Espazo necesario para o desenvolvemento dun individuo ou dunha comunidade.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. isión ou imaxe irreal que alguén ve ou ten na súa imaxinación e que, polo xeral, produce moito medo.

      2. Imaxe dunha persoa morta que se lle aparece a alguén.

    1. Persoa extremadamente delgada debido a unha enfermidade ou outra causa.

      1. Conxunto de compoñentes elementais que forman unha entidade complexa.

      2. Representación gráfica das intensidades dos compoñentes elementais que forma unha entidade complexa en función dunha magnitude periódica ou non periódica.

      3. Conxunto de frecuencias, lonxitudes de onda, números de onda ou enerxías, das compoñentes monocromáticas dunha onda composta.

      4. Conxunto das ondas sonoras, de frecuencias ben definidas, que compoñen por superposición un son.

      5. Espectro da radiación electromagnética emitida ou absorbida por unha substancia como consecuencia das transicións dos electróns entre os niveis enerxéticos dos seus átomos. Pode ser, xa que logo, de emisión ou de absorción. Distínguese entre espectro óptico, se os niveis enerxéticos implicados son os exteriores do átomo, e espectro X, se interveñen niveis máis profundos.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula onde se forman espermacios.

    VER O DETALLE DO TERMO