esfagno
esfagno
lat científico Sphagnum
s
m
[PLANTA ]
Brión hidrófilo, do xénero Sphagnum, que ten o caulidio con dous tipos de pólas, perpendiculares e pendurantes, dispostas en fascículos laterais, que na parte apical forman unha mouta de pólas curtas, denominada capítulo; neste sitúase o esporanxio que libera as esporas por abertura violenta da cápsula. Forman céspedes ou almofadiñas en turbeiras e brañas.