"RL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 759.

    1. Que ocupa o lugar número dez nunha serie.

    2. Que se corresponde con cada unha das dez partes iguais en que se divide unha todo. Tm s m.

      1. Obriga universal de pagarlle á Igrexa ou ao monarca a décima parte da colleita ou das mercancías que pasaba dun reino a outro.

      2. Imposto universal que gravaban os cristiáns coa décima parte do valor de todos os produtos derivados das súas actividades.

      3. Imposto universal que recaía sobre os froitos ou produtos dos predios, tanto rústicos coma urbanos.

    3. Décima parte dun billete de lotaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sachar por primeira vez un cereal para quitarlle as malas herbas.

    2. Arar a terra e deixala un tempo sen lle botar semente para que descanse.

    3. Cocer algo durante pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xefe dunha unidade de cabalaría formada por dez soldados no exército romano.

    2. Membro da curia municipal do Imperio Romano, encargado da recadación dos impostos e que respondía deles cos seus bens.

    3. Estudante avantaxado no antigo ensino de gramática, que se encargaba de tomarlle a lección a un grupo de dez alumnos ou menos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura ósea localizada na parte distal das extremidades dos vertebrados que ten, as máis das veces, independencia de movementos.

    2. Rexión do ADN que regula a expresión dun xene situado nas proximidades e que está estabilizada por un átomo de cinc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feixes de cereal que se teñen preparados para quitarlles o gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fregar fortemente unha cousa contra outra para que solte algo, principalmente a roupa para quitarlle a sucidade.

    2. Torcer unha cousa apertándoa fortemente.

    3. Triturar o gran dos cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar nun sitio determinado ou soltar algo que se leva posto ou que se ten collido.

      1. Separarse de algo ou de alguén.

      2. Abandonar alguén aquilo no que se ocupaba ou no que traballaba.

      3. Romper a relación afectiva que se mantén con alguén.

      1. Non coller unha cousa por esquecemento.

      2. Esquecerse de poñer ou de facer algo.

    2. Facer que algo ou alguén quede dun determinado xeito despois de sometelo a algún tipo de acción.

    3. Dar algo a alguén ao marchar.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar os grans do carozo da mazaroca do millo.

    2. Fregar fortemente unha cousa contra outra para que solte algo, fundamentalmente a roupa, para quitarlle a sucidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina política que defende a intervención do pobo no goberno e na elección dos gobernantes.

      2. Conxunto de movementos, partidos políticos e sindicatos que poñen ao servizo da democracia a doutrina dos Evanxeos. A súa ideoloxía combinaba a concepción católica de xustiza social coas ideas liberais sobre a democracia política.

      3. Conxunto lexislativo e constitucional que asegura o libre exercicio das liberdades políticas.

      4. Réxime político establecido ao final da Segunda Guerra Mundial en diversos estados do leste e do surleste de Europa. Creouse baixo a dirección dos partidos comunistas como unha forma estatal no período de transición do capitalismo ao socialismo e como unha modalidade da ditadura do proletariado.

      5. Sistema político en que o pobo exerce a soberanía mediante a elección periódica polo corpo electoral dos órganos representativos.

    1. País cun sistema de goberno democrático.

    2. Sistema de participación de todos os membros dunha organización na toma de decisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saír os dentes a unha persoa ou animal.

    2. Facerlle dentes a un obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO