"AVI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 972.

    1. Gornecer ou adornar con chapas.

    2. Comer con avidez algunha cousa.

    3. Atrapar algunha cousa no aire coa boca.

    4. Estudar algo de xeito memorístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que come con avidez. Tm s.

    2. Que estuda moito ou, despectivamente, o que se distingue máis polo aplicado que é ca polos seus dotes. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nun pecho para abrilo ou pechalo.

      2. Chave que abre todos os pechos dun mesmo tipo de mecanismo.

    1. álvula que serve para abrir ou cerrar o paso dun líquido ou gas por un conduto. OBS: Tamén se denomina chave de paso.

    2. Peza dun circuíto eléctrico coa que se abre ou pecha o paso da corrente.

    3. Ferramenta que consiste nun mango ríxido acabado por un extremo ou polos dous, nunha forma que se axusta á cabeza dos parafusos ou das porcas para podelos apertar ou afrouxar.

    4. Signo ortográfico { } que serve para incluír conxuntos, reunir diversas subdivisións dunha materia ou dun concepto, diversas palabras ou liñas.

    5. Rama do coñecemento que cómpre coñecer e aprobar para poder pasar a outra.

    6. Aquilo que permite explicar algo ou resolvelo.

    7. Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, a chave, normalmente provista de aspas, que está fincada no chan a certa distancia.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar algo a rentes, principalmente as raíces dos tubérculos ou as pólas das árbores. Tm v i.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á República Checa, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante da República Checa.

    3. Individuo dunha tribo eslava occidental que se instalou en Bohemia (s VI), e que máis tarde (s IX) formou, cos moravos, o Reino da Gran Moravia.

    4. Lingua eslava que se fala en Bohemia e Moravia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Malformación conxénita consistente na presenza dunha soa cavidade orbitaria, disposta xeralmente na liña mediana; o globo ocular pode estar ausente ou ser rudimentario ou dobre. En ocasións falta tamén o nariz e sempre hai unha atrofia do olfacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Faixa ou correa de diferentes materiais, xeralmente con fibela, que se emprega para cinguir e axustar a roupa á cintura.

      2. Faixa de tea que os combatentes, de judo e outras artes marciais, se ligan á cintura. A súa cor varía segundo o grao de coñecemento e madureza do practicante.

      3. Cinto que os señores poñían ás súas esposas na Idade Media co fin de que non fosen infieis mentres ían á guerra.

      4. Faixa de tea forte que se cingue á cintura dos viaxeiros dun avión ou dun automóbil para evitar que sexan lanzados fóra dos asentos en caso dunha freada súbita ou dun choque.

      1. belt.

      2. Franxa de actividade volcánica con numerosos volcáns activos. OBS: Tamén se denomina cinto de lume.

    1. Faixa de esparto, lona ou coiro que se empregaba para conducir a rede a terra.

    2. Ctenóforo mariño, da clase dos tentaculados, co corpo comprimido e alongado en forma de cinta, delgado e transparente, moi vistoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hifa estéril, hialina, unicelular, claviforme ou fusiforme que se atopa no himenio de moitos fungos agaricais.

    VER O DETALLE DO TERMO