cinto

cinto

lat cinctus lat cingĕre ‘cinguir’

Plural: cintos
    1. s

      Faixa ou correa de diferentes materiais, xeralmente con fibela, que se emprega para cinguir e axustar a roupa á cintura.

    2. s [DEP ]

      Faixa de tea que os combatentes, de judo e outras artes marciais, se ligan á cintura. A súa cor varía segundo o grao de coñecemento e madureza do practicante.

    3. cinto de castidade [HIST ]

      Cinto que os señores poñían ás súas esposas na Idade Media co fin de que non fosen infieis mentres ían á guerra.

    4. cinto de seguridade [TRANSP ]

      Faixa de tea forte que se cingue á cintura dos viaxeiros dun avión ou dun automóbil para evitar que sexan lanzados fóra dos asentos en caso dunha freada súbita ou dun choque.

    1. s [XEOG/AGR ]

      belt.

    2. cinto do Pacífico [XEOL ]

      Franxa de actividade volcánica con numerosos volcáns activos. OBS: Tamén se denomina cinto de lume.

  1. s m [PESCA ]

    Faixa de esparto, lona ou coiro que se empregaba para conducir a rede a terra.

  2. cinto de Venus [ANIMAL ]

    Ctenóforo mariño, da clase dos tentaculados, co corpo comprimido e alongado en forma de cinta, delgado e transparente, moi vistoso.

Citas

  • Cáenlle os pantalóns e ten que usar cinto
  • Quedaron rodeados por un cinto policial

Frases feitas

  • Apertar o cinto. Gastar menos cartos.