"ECL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 467.

  • Pena do dereito romano que consiste en non poder testificar nin recorrer ao testemuño doutro que se lle impuña a aqueles que, despois de dar o testemuño, negaban posteriormente os feitos declarados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de intimar.

      1. Notificación ou declaración dunha orde ou dun mandamento.

      2. Requerimento e citación dunha persoa para que compareza nun xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo quede sen validez ou sen ningún valor.

    2. Declarar unha cousa nula, sen valor nin efecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. laicidade.

    2. Doutrina que defende a independencia da sociedade e, particularmente do estado, de toda influencia eclesiástica ou relixiosa. As súas raíces espirituais atópanse no Renacemento, no humanismo e na Ilustración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non é eclesiástico. Tm s.

    2. Que prescinde da relixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión que ten un espazo xeográfico.

      1. Distancia que hai desde un punto calquera da esfera terrestre ao ecuador. Mídese en graos (de 0? a 90?) a partir do ecuador, xa sexa cara ao N ou cara ao S, seguindo o meridiano que pasa polo lugar ou punto de referencia.

      2. Rexión ou localidade en canto á súa latitude.

    2. Grao de sobreexposición ou subexposición que tolera un material fotográfico sen estragalo.

    3. Zona ou parte imprecisa da Terra.

    4. Ángulo determinado polo plano da eclíptica e a dirección dun astro, que é a recta que pasa polo astro e o centro da esfera celeste.

    5. Ángulo determinado polo ecuador galáctico e a dirección dun astro, que é a recta que pasa polo astro e o centro da esfera celeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Local situado nos arrabaldos das cidades ou nos aeroportos onde se reclúe á xente en corentena ou se realizan controis sanitarios para evitar epidemias.

    2. Hospital en que se tratan os leprosos ou enfermidades moi contaxiosas. Tm fig.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que unha autoridade envía a outra para tratar un asunto no seu nome.

      1. Eclesiástico que representa o papa, xeralmente nun concilio.

      2. Cardeal enviado extraordinariamente polo papa, con amplísimas facultades, para que o represente ante un príncipe, un goberno ou un concilio.

    2. Delegado dos emperadores romanos encargado de representalos nunha provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non recibiu as ordes clericais nin pertence ao mundo eclesiástico. Tm s.

    2. Que non recibiu as ordes sagradas e que se dedica, preferentemente, aos traballos manuais e aos servizos necesarios para a comunidade nas ordes e congregacións relixiosas. Tm s.

    3. Que non está iniciado ou non ten os coñecementos necesarios en determinada materia. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á lexítima.

    2. Que ten dereito a reclamar unha parte do valor dos bens da herdanza, polo feito de ser descendente ou ascendente. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO