lazareto

lazareto

ital lazzaretto

Plural: lazaretos
  1. s m

    Local situado nos arrabaldos das cidades ou nos aeroportos onde se reclúe á xente en corentena ou se realizan controis sanitarios para evitar epidemias.

  2. s m

    Hospital en que se tratan os leprosos ou enfermidades moi contaxiosas. Tm fig.

Citas

  • A illa de San Simón foi un lazareto durante moitos anos
  • Retiveron os pasaxeiros do voo de Toronto no lazareto do aeroporto

Palabras veciñas

lazada lazada lazar lazareto lazaría lazarista lázaro