"ASEA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 378.

    1. Tendencia artística orixinada durante a década de 1960 en EE UU, que se baseaba na máxima redución morfolóxica, pero tendente a unha máxima complexidade das ordes perceptivas e do comportamento do espectador. Traballaba con estruturas matemáticas e xeométricas, materiais industriais e unha cor plana.

    2. Expresión inventada polo pianista e compositor Michael Nyman para designar a estética musical baseada na repetición sistemática dunha pequena estrutura melódica e rítmica tonal que se vai transformando gradualmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cousa escura, oculta, a algúns ou a todos.

      2. Circunstancia de facer unha cousa dun xeito segredo, co coñecemento de moi poucos, especialmente facendo ostentación desta reserva.

      3. Rito e doutrina reservados aos iniciados nas relixións antigas, orientais e gregas.

      1. Designio de Deus de realizar a salvación dos homes por medio de Xesús Cristo. As proposicións de fe consideradas como misterios son a Trindade, a encarnación de Deus e a autocomunicación de Deus ao meniño.

      2. Cada un dos pasos da vida, paixón e morte de Xesús Cristo que constitúen as partes en que se divide o rosario.

      3. Representación na imaxinaría destes mesmos pasos.

      4. misterio pascual.

    1. Representación dramática de tema relixioso, de orixe medieval, en que se puñan en escena pasaxes da vida de Cristo, da Nai de Deus ou dalgún santo.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de navegación aérea que está baseado na recepción polo aeronauta de microondas emitidas desde terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema monetario baseado no recoñecemento dun metal único, xeralmente o ouro, como patrón de referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser humano de sexo feminino.

    2. Individuo adulto de sexo feminino.

    3. Dona, en relación ao marido, dentro do matrimonio civil ou canónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de teorías propugnadas pola Falange Española e adaptadas polo réxime político rexido polo xeneral Franco, baseadas no totalitarismo estatal, no partido único e no sindicato vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de análise química cuantitativa que se basea na medida da intensidade da luz que é dispersada ou reflectida polas partículas presentes nunha suspensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ideolóxico e político baseado no fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. neofigurativismo.

    2. Doutrina propugnada en 1912 para enfrontar o idealismo hegeliano e o pragmatismo. Establecía que o coñecemento non é subxectivo e que atinxe á realidade, que é constituída por un conxunto de entidades simples relacionadas entre si diversamente.

    3. Movemento cinematográfico italiano (1945-1952), que se caracterizou por un ton marcadamente realista, dado polo afán de obxectividade documental e de verismo, que se conseguiu coa utilización de actores non profesionais, a rodaxe en escenarios naturais e a exposición dunha temática cotiá das clases populares.

    4. Tendencia da narrativa italiana que comezou a consolidarse cara a 1930 coa esixencia dunha representación analítica, crúa e dramática baseada na insatisfacción da existencia humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico e literario desenvolvido durante a primeira metade do s XX, baseado na recuperación da esencia do romanticismo do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO