misterio

misterio

lat mysterĭu gr μυστήριον

Plural: misterios
  1. s m
    1. Cousa escura, oculta, a algúns ou a todos.

    2. Circunstancia de facer unha cousa dun xeito segredo, co coñecemento de moi poucos, especialmente facendo ostentación desta reserva.

    3. [HIST/RELIX ]

      Rito e doutrina reservados aos iniciados nas relixións antigas, orientais e gregas.

    1. s

      Designio de Deus de realizar a salvación dos homes por medio de Xesús Cristo. As proposicións de fe consideradas como misterios son a Trindade, a encarnación de Deus e a autocomunicación de Deus ao meniño.

    2. s

      Cada un dos pasos da vida, paixón e morte de Xesús Cristo que constitúen as partes en que se divide o rosario.

    3. s

      Representación na imaxinaría destes mesmos pasos.

    4. misterio pascual

      misterio pascual.

  2. s m [ESPECT ]

    Representación dramática de tema relixioso, de orixe medieval, en que se puñan en escena pasaxes da vida de Cristo, da Nai de Deus ou dalgún santo.

  3. teoloxía dos misterios [RELIX ]

    Teoloxía baseada na antiga concepción litúrxica e patrística, segundo a que o misterio non se reduce ao seu aspecto intelectualista, senón que é unha presenza actual da acción salvífica de Cristo participada polos fieis na celebración litúrxica.

Citas

  • A desaparición do cadro foi todo un misterio para os investigadores
  • Non nos quere dicir o que fai e anda con moito misterio