"APT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 485.

    1. Ferramenta con varios dentes curvos e delgados.

    2. Instrumento con forma de Y co que se suxeita algo.

    3. Endeño con copo formado por variñas metálicas para capturar mariscos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave da familia dos anátidos, que é un animal voador de moito tamaño e peso, de complexión robusta, pescozo relativamente longo, peteiro forte e groso, dentado, e patas adaptadas para camiñar. Aliméntanse de herbas e gran. A maior parte das especies son gregarias e migradoras, e voan longas distancias a grandes alturas.

    2. Ave que presenta cor parda grisácea no dorso, máis clara no ventre, as partes superiores das ás teñen un gris pálido, co bordo negro. A cola é branca cunha banda parda. As patas rosadas e o peteiro alaranxado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coidar algo ou a alguén para que non lle ocorra ningún dano ou prexuízo.

    2. Poñer algo nun lugar seguro ou no sitio onde lle corresponda.

    3. Manter algo ou impedir que se perda.

    4. Ter alguén ao seu cargo cousas doutra persoa.

    5. Ocultar algo.

    6. Ter presente un sentimento ou actitude.

    7. Cumprir alguén as leis, normas, promesas ou outra cousa similar.

    8. Permanecer durante algún tempo na mesma situación ou estado.

    9. Reservar algo para alguén.

    10. Gastar con moita mesura.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello de pesca consistente nunha especie de angazo propio para a captura de pintos e maragotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos graptolites.

    2. Fósil do grupo dos graptolites.

    3. Grupo de organismos fósiles, mariños, de periderma quitinoso que formaron colonias flotantes nas zonas neríticas, e viviron entre o Cámbrico e o Carbonífero, onde se extinguiron totalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos grílidos.

    2. Insecto da familia dos grílidos.

    3. Familia de insectos ortópteros de antenas longas, os machos con aparato estridulador nos élitros e as femias cun longo oviscapto cilíndrico. Son saltadores, con tarsos de dous ou tres artellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Declarar a alguén hábil ou apto para algo.

    2. Facer que algo, especialmente un lugar, sirva para un fin ou función para o que non estaba destinado.

    3. Dispoñer un crédito ou un capital para algo.

    4. Conferir autorización a unha persoa para que desenvolva uns actos xurídicos determinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Área que reúne as características físicas e biolóxicas necesarias para a supervivencia e reprodución dunha especie.

      1. Modo de distribución territorial da poboación humana nos seus asentamentos que resulta da adaptación das sociedades ao seu medio.

      2. Forma de ocupación do espazo por parte dunha poboación humana na que os núcleos de poboación ou as vivendas se concentran ao redor dalgún punto estratéxico.

      3. Forma de ocupación do espazo por parte dunha poboación humana na que os núcleos de poboación ou as vivendas se espallan polo territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao solo de xénese influída e caracterizada pola presenza de sales.

    2. Aplícase ás plantas que presentan unha estrutura adaptada aos lugares salinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘unir’.

    VER O DETALLE DO TERMO