gardar
garda
-
v t
Coidar algo ou a alguén para que non lle ocorra ningún dano ou prexuízo.
-
v t
Poñer algo nun lugar seguro ou no sitio onde lle corresponda.
-
v t
Manter algo ou impedir que se perda.
-
v t
Ter alguén ao seu cargo cousas doutra persoa.
-
v t
Ocultar algo.
-
v t
Ter presente un sentimento ou actitude.
-
v t
Cumprir alguén as leis, normas, promesas ou outra cousa similar.
-
v t
Permanecer durante algún tempo na mesma situación ou estado.
-
v t
Reservar algo para alguén.
-
v t
Gastar con moita mesura.
-
v t
Non comunicar ou transmitir algo a alguén.
-
v i
Conservar un alimento as súas propiedades para o consumo durante bastante tempo.
-
v pron
Tomar precaucións para evitar algún dano ou malestar ocasionado por algo ou alguén.
-
v pron
Conservar un alimento as súas propiedades para o consumo durante bastante tempo.
-
v pron
Facer pouco uso dalgunha calidade para utilizala máis adiante.
Sinónimos
Antónimos
Citas
- A túa soberbia gardareicha toda a vida
- Aínda garda os xoguetes da infancia, Garda a tradición de cocer o pan en forno de pedra
- Este arroz xa ten dous días e aínda garda o seu sabor, Comprou uns iogures que se gardan fóra da neveira
- Este bosque garda moitas marabillas
- Gárdalle rancor dende que quedou sen traballo, A seu avó gárdalle moito respecto
- Gardamos a roupa no armario, Garda o testamento na caixa forte
- Gardaron un anaco de torta para os netos
- Gardáronlle o traballo ata que se recuperou, Gardáronlle a mellor mesa para cear, Gardoulle un asento ao seu lado
- Gardou a súa resposta ata a votación
- Gardou con moito coidado o traxe novo
- Gardou repouso durante todo o embarazo
- Gardoume os mobles na súa casa ata que me pintaron o apartamento
- Gardouse de dicir nada despois da súa actitude, Gardáronse do frío toda a noite con mantas, Gárdate das persoas que teñen malas intencións
- Gardouse para a competición de fin de curso
- Os soldados gardan o edificio, A rapaza gardou o neno durante todo o día
- Se gardases as normas non che abrirían un expediente, Sempre garda a distancia de seguridade que establece o código
- Sempre gardaba os cartos porque lle gusta aforrar
- ¡Deus nos garde de males máis grandes!
Frases feitas
-
Estar gardado para un. Estar nunha situaci
-
Gardar a boca. Non comer todo o que se desexa.
-
Gardar das risas/risos para as
-
choras/choros. Saber adaptarse a todas as situaci
-
Festa de gardar. Festa relixiosa que
-
Gardar a lingua. Conterse cando se fala.
-
Gardar as costas. Protexerse ou librarse dunha paliza.
-
Gardar cama. Estar enfermo e permanecer nela por indicaci
-
Gardar o corpo. Salvarse dalg
-
Gardar o rego. 1) Realizar con disciplina unha tarefa encomendada. 2) Escribir dereito sobre o papel.
Refráns
- a can e o gato comen o mal gardado.
- a que aberta a súa arca deixa, se o rouban, ¿por que se queixa?
- Casa con dúas portas non a gardan tódalas donas.
- É tolería non ter ben gardado o que está ben gañado.
- Garda do pan para maio e da leña para abril, que che ha de cumprir.
- Garda o prado e manterás o gando.
- Garda que comas e non gardes que fagas.
- Garda que comer e non gardes que facer.
- Gardado é o que Deus garda.
- Gardar que comer e non gardar que facer.
- Mellor se garda o que con traballo se gaña.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardo
gardas
garda
gardamos
gardades
gardan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardaba
gardabas
gardaba
gardabamos
gardabades
gardaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardei
gardaches
gardou
gardamos
gardastes
gardaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardara
gardaras
gardara
gardaramos
gardarades
gardaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardarei
gardarás
gardará
gardaremos
gardaredes
gardarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardaría
gardarías
gardaría
gardariamos
gardariades
gardarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles garde
gardes
garde
gardemos
gardedes
garden
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardase
gardases
gardase
gardasemos
gardasedes
gardasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardar
gardares
gardar
gardarmos
gardardes
gardaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
garda
-
-
gardade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles gardar
gardares
gardar
gardarmos
gardardes
gardaren
gardada
gardados
gardadas