ganso -sa

ganso -sa

gótico *gans

Plural: gansos Masculino: ganso Masculino plural: gansos Feminino: gansa Feminino plural: gansas
  1. s [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos anátidos, que é un animal voador de moito tamaño e peso, de complexión robusta, pescozo relativamente longo, peteiro forte e groso, dentado, e patas adaptadas para camiñar. Aliméntanse de herbas e gran. A maior parte das especies son gregarias e migradoras, e voan longas distancias a grandes alturas.

  2. ganso común [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave que presenta cor parda grisácea no dorso, máis clara no ventre, as partes superiores das ás teñen un gris pálido, co bordo negro. A cola é branca cunha banda parda. As patas rosadas e o peteiro alaranxado.

Formas incorrectas

oca (ave)

Palabras veciñas

ganoína ganose ganseira ganso -sa gánster gantés -sa ganzo