"Ende" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2813.

    1. Substancia endurecida acumulada por sedimentación no interior dos recipientes que gardan viño e outros líquidos.

    2. Substancia negra e graxa que desprende o fume e que se adhire aos obxectos.

    3. Substancia amarelada, de natureza calcaria, dura e adherente, que se acumula nos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Corpo celeste que xira ao redor doutro, especialmente dun planeta.

      2. Aparato que describe unha órbita arredor dun planeta ou, por extensión, ao redor dun satélite, con fins militares, científicos ou de comunicación.

    1. Aplícase ao país ou estado que depende política ou economicamente doutro. Tm s m.

    2. Que segue un traxecto xunto con outro, como as veas ou os nervios que seguen o traxecto dunha arteria. Tm s, referido a órgano.

    3. Elemento morfolóxico redondeado presente en certos cromosomas, que está separado do resto por un filamento cromatínico.

    4. Aplícase ás lesións secundarias e próximas a unha lesión primitiva. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición poética que critica maneiras de vivir e comportamentos comúns a toda a humanidade, ou característicos dun só individuo, que contrastan coa moral común ou co ideal ético do escritor.

    2. Crítica ou censura que tende a ridiculizar algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de saturar ou saturarse.

    2. Situación dos mercados cun forte exceso de oferta dunha mercadoría e que indica sobreprodución.

    3. Estado de condución dun dispositivo electrónico caracterizado polo feito de que a caída de tensión é pequena e case constante, independentemente da corrente.

    4. Estado ou situación en que o sinal de saída dun amplificador é inferior ao que lle correspondería de acordo co de entrada.

    5. Situación que se presenta cando un recipiente contén un vapor en equilibrio coa fase líquida da mesma substancia.

    6. Estado dun conxunto de axiomas ao que non se lle pode engadir ningún axioma máis sen chegar a unha contradición.

    7. Índice que permite clasificar as rochas magmáticas en función da súa proporción relativa de sílice.

    8. Zona nos terreos permeables que contén a capa freática e onde todos os intersticios e todas as cavidades se enchen de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos saxitáridos.

    2. Paxaro da familia dos saxitáridos.

    3. Familia de paxaros da orde dos ciconiformes, cos dedos anteriores unidos á base por unha pequena membrana, que comprende unha soa especie, o secretario.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Saxonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Saxonia.

      3. Lingua falada en Saxonia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo saxón.

      2. Individuo do pobo saxón.

      3. Pobo xermánico procedente de Xutlandia que, a finais do s III, se estendeu ao S do río Elba e que, entre o s III e V, se desprazou a Francia e Inglaterra.

      4. Grupo de linguas xermánico-occidentais orixinarias das ribeiras do Elba, que se difundiron pola Alemaña noroccidental e pola ribeira do Támesis, dando lugar ao anglosaxón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno histórico mesianista que se produciu a raíz da crenza popular portuguesa de que o rei Sebastián I non morreu na batalla de Qsar el Kebir (1578), xa que fundamentaron a esperanza de independencia de España no retorno do rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes en que se divide un todo.

    2. Acción e efecto de seccionar algo.

    3. Intersección dun plano cunha superficie.

    4. Corte practicado nun corpo, nun terreo ou nun obxecto que permite o estudo da estrutura interna.

    5. Debuxo que representa o aspecto dun terreo, dun edificio, dun corpo calquera como se estivese cortado segundo un plano determinado.

    6. Categoría taxonómica inferior ao xénero e superior á serie e á especie.

    7. Parámetro característico da interacción dunha partícula ou conxunto de partículas fundamentais coa materia, que depende do tipo de interacción, das partículas que interveñen e da súa enerxía. A unidade de medida é o barn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Separación dun grupo de persoas, dun pobo ou dun territorio, do estado ou nación ao que pertencían, para constituírse en estado independente ou unirse a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Despacho ou oficina de secretario.

    2. Oficio ou cargo de secretario.

    3. Conxunto dos secretarios dun organismo, dun despacho ou dunha oficina.

    4. Órgano superior da administración do estado que depende dun ministerio.

    VER O DETALLE DO TERMO