saturación
lat saturatiōne
-
s
f
Acción e efecto de saturar ou saturarse.
-
s
f
[ECON ]
Situación dos mercados cun forte exceso de oferta dunha mercadoría e que indica sobreprodución.
-
s
f
[FÍS ]
Estado de condución dun dispositivo electrónico caracterizado polo feito de que a caída de tensión é pequena e case constante, independentemente da corrente.
-
s
f
[FÍS/TECNOL ]
Estado ou situación en que o sinal de saída dun amplificador é inferior ao que lle correspondería de acordo co de entrada.
-
s
f
[FÍS ]
Situación que se presenta cando un recipiente contén un vapor en equilibrio coa fase líquida da mesma substancia.
-
s
f
[FILOS/MAT ]
Estado dun conxunto de axiomas ao que non se lle pode engadir ningún axioma máis sen chegar a unha contradición.
-
índice de saturación
[XEOL ]
Índice que permite clasificar as rochas magmáticas en función da súa proporción relativa de sílice.
-
zona de saturación
[XEOL ]
Zona nos terreos permeables que contén a capa freática e onde todos os intersticios e todas as cavidades se enchen de auga.