"algún" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1148.

      1. Funda alongada de tea, enchida con algún material brando que se emprega para apoiar a cabeza cando se dorme.

      2. Almofada de forma cadrada e de dimensións reducidas.

    1. Parte superior dunha cama.

    2. Parte dunha maquinaria ou ferramenta que transmite o movemento principal e sostén a peza ou a ferramenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte final dun espazo, dun período de tempo ou dunha cousa.

    2. Punta de terra que sobresae do resto da costa e que penetra no mar.

      1. Corda ou aramio, especialmente o usado a bordo dos barcos, que se emprega como útil de traballo ou para amarrar un barco ou unha rede.

      2. Corda que arría un barco no peirao.

      3. Corda situada na popa dunha embarcación destinada a amarrar.

      4. Corda situada na proa dunha embarcación destinada a amarrar.

    3. Parte dun aparello ou dun instrumento que serve para agarrar coas mans.

    4. Remate ou parte que queda cando algunha cousa está a piques de extinguirse.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Rexistrar a alguén tenteándoo para descubrir se leva algún obxecto escondido.

      2. Rexistrar un obxecto ou un lugar de forma minuciosa para buscar algo.

      1. Recoller as patacas co raño.

      2. Arrincar unha planta de pataca para examinar a súa calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación pequena, de dous paus, aparellados por velas a terzo, un pequeno botalón con algúns foques e unha vela a popa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado coa man ou con algún obxecto sobre as cachas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que está a piques de chegar ao seu final, que non ten forza para manterse ou que está destinado a desaparecer.

      2. Que está destinado a caer, como as follas das árbores caducifolias, os pétalos das flores ou os cornos dalgúns animais, como o cervo.

    1. Que ten a súa capacidade física e mental diminuída.

    2. Que perde vigor ou validez ou que está en decadencia.

    3. decidua.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moverse unha cousa cunha traxectoria de arriba a abaixo a causa do seu propio peso.

      2. Ir bater unha persoa ou cousa no chan ou noutra superficie que o deteña a causa dunha perda de equilibrio.

      3. Separarse algunha cousa daquilo ao que estaba adherida ou suxeita.

      4. Ceder á acción da gravidade un obxecto suspendido sen desprenderse nin chegar ao chan.

      1. Coincidir un acontecemento cun período de tempo.

      2. Coincidir un día do mes cun día da semana. OBS: Con este significado sempre vai seguido da preposición en.

    1. Ter algunha cousa un resultado ou unha consecuencia dunha forma determinada. OBS: Emprégase frecuentemente cos adverbios ben e mal.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cagar.

    2. Que presenta un gran parecido con algún familiar seu. Tm s.

    3. Que ten falta de valentía. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que adoita sentir medo ou que carece de valor para enfrontarse a algún perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Recipiente de forma regular, xeralmente cúbica, que adoita usarse para gardar e transportar obxectos.

      2. Contido dunha caixa.

      3. Carcasa total ou parcial dun moble, especialmente a parte dunha mesa que contén os caixóns.

      4. Parte do muíño que consta dunhas táboas dispostas en forma de cadrado, que rodea a moa e que serve para recoller a fariña que cae ao moer o gran.

      5. Caixa de madeira, formigón ou aceiro que se emprega para cimentar o terreo.

      6. Receptáculo de folla de lata, de base rectangular e medidas normalizadas, que se utiliza, sobre todo, para recoller e conservar as mostras de solo.

      7. Armario pequeno con medicamentos e utensilios farmacéuticos para casos de urxencia.

    1. Receptáculo longo con tapa, de madeira ou doutros materiais, onde se deposita un cadáver para o seu enterramento.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO