"XT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2700.

    1. Aplícase a todo tipo de secreción glandular na que os produtos segregados se concentran nun extremo libre da célula e se eliminan xuntamente cunha porción de citoplasma da célula secretora.

    2. Glándula sudorípara que verte a súa secreción nun folículo piloso ou nun orificio pilosebáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falto de pés ou de extremidades.

      1. Relativo ou pertencente aos ápodos.

      2. Animal da orde dos ápodos.

      3. Antiga orde de crustáceos cirrípedos creada para o xénero Proteolepas, actualmente incluído na orde dos isópodos.

    2. angüiliforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extravasación masiva de sangue ao interior do encéfalo, procedente dunha arteria intracerebral (hemorraxia cerebral).

      2. Saída de sangue de súpeto e espontánea (non traumática) que se produce no interior dun órgano.

    1. Enfermidade da vide, caracterizada pola aparición repentina de cepas con pámpanos total e bruscamente murchos que acaban por secarse, igual cos acios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anotación aclaratoria que complementa un texto e facilita a súa comprensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer a apostila dun texto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preparar ou dispor algo para un fin determinado.

    2. Dar apresto a un produto téxtil.

    3. Dispoñerse alguén para facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recubrimento que se aplica á superficie das peles curtidas para darlles as propiedades desexadas de aspecto e tacto, ou para protexelas dos axentes externos, tales como a auga ou o rozamento.

    2. Tratamento que recibe o papel para reducir a súa porosidade e mellorar a súa aparencia.

    3. Cada un dos procesos químicos a que son sometidos os produtos téxtiles para facilitar a súa venda ou o uso final.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de apropiar ou apropiarse.

      1. Acto polo que unha persoa fai súa unha cousa, incorporándoa ao seu patrimonio coa intención de dispoñer dela en concepto de propiedade definitiva.

      2. Delito contra a propiedade consistente en apropiarse de calquera cousa moble recibida en depósito, comisión, administración ou por outro título que obrigue á súa entrega ou devolución.

    2. Proceso polo que o lector fai propio o que en principio lle era alleo, actualizando deste xeito o significado do texto en cuestión.

    3. Procedemento teolóxico polo que unha virtude ou calidade común ás tres persoas da Trindade se atribúe preferentemente a unha delas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apoastro ou periastro dunha órbita, como por exemplo, cada un dos extremos do eixe maior da órbita elíptica que un planeta describe ao xirar arredor do Sol.

    2. Liña que une o apoastro e o periastro dunha órbita. No caso dun planeta que xira arredor do Sol, é o eixe maior da órbita elíptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de apuntar.

      1. Nota de pouca extensión feita con rapidez.

      2. Notas tomadas para axudar a recordar algo máis tarde.

    2. Resumo das actuacións dun proceso xudicial do que se servían os maxistrados para resolver recursos interpostos ante eles.

    VER O DETALLE DO TERMO