"Indus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 308.

  • Composto heterocíclico saturado que consiste nun anel carbonado de tres membros que contén un átomo de osíxeno. Ten unha grande importancia industrial. OBS: A grafía <x> representa o son [ks]. OBS: Tamén se denomina óxido de etileno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Territorio en que se asenta unha nación e que constitúe unha unidade xeográfica e política concreta.

    2. Nación ou grupo de persoas que forman unha unidade política.

    3. Territorio e poboación que forman un estado independente.

    4. Territorio propio dunha etnia determinada.

    5. Zona xeográfica con límites naturais ben delimitados.

    6. País subdesenvolvido, segundo a ONU, de acordo con índices diversos, que ten unha desvantaxe relativa para desenvolverse.

    7. País en vías de desenvolvemento que se atopa no limiar da industrialización e mostra un gran dinamismo exportador de produtos manufacturados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico de transición que pertence ao grupo VIII da táboa periódica, de número atómico 46 e peso atómico 106,42. Presenta cor branca agrisada con brillo metálico, é dúctil e maleable, e emprégase como catalizador de hidroxenación en síntese orgánica e na industria eléctrica para contactos.

    2. Sólido pulverulento vermello escuro e delicuescente que é o produto de partida para a obtención de moitos outros compostos e complexos do paladio.

    3. Sólido en forma de pos negros verdosos, que se reduce facilmente con hidróxeno e proporciona paladio con actividade catalítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal ou éster do ácido palmítico que se emprega na fabricación de xabóns e na industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Triglicérido do ácido palmítico que se emprega en medicina e nas industrias do xabón e do coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que é dona ou goberna un establecemento.

    2. Santo ou advocación mariana que teñen baixo a súa protección unha igrexa, unha aldea, unha vila ou unha colectividade.

      1. Persoa que manda e dirixe unha embarcación de pesca.

      2. Persoa que dirixe as tarefas de navegación nun pesqueiro.

      3. Persoa que dirixe as tarefas de pesca nun pesqueiro.

    3. Persoa propietaria ou contratista dun comercio ou dunha industria onde traballan obreiros ás súas ordes.

    4. Persoa que posúe o dereito de padroado.

      1. Señor dun servo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preparación industrial de encimas pectolíticas fúnxicas que se emprega para aclarar viños e zumes de froitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma alongada construída á beira do mar ou dun río navegable que serve para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercadorías e de refuxio das naves.

    2. Presa feita nun río para distribuír a auga mediante canles aos muíños ou aos campos.

    3. Base elevada sobre o plano do chan en edificios industriais para facilitar a carga dos camións.

    4. Tubo telescópico de grandes dimensións que, a xeito de túnel, permite que os pasaxeiros dun aeroporto accedan desde a sala de embarque ao interior do avión e viceversa, sen saír ao exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido monocarboxílico saturado que se emprega na fabricación de lacas, plásticos, aromatizantes e na industria farmacéutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio de preparar peles para facer pezas de vestir ou accesorios.

    2. Industria ou comercio da pel.

    3. Tenda onde se venden artigos de pel.

    4. Conxunto de peles de animais.

    VER O DETALLE DO TERMO