patrón, patroa

patrón, patroa

lat patrōnu

Plural: patrimonios
  1. s

    Persoa que é dona ou goberna un establecemento.

  2. s [RELIX ]

    Santo ou advocación mariana que teñen baixo a súa protección unha igrexa, unha aldea, unha vila ou unha colectividade.

    1. s

      Persoa que manda e dirixe unha embarcación de pesca.

    2. patrón de costa

      Persoa que dirixe as tarefas de navegación nun pesqueiro.

    3. patrón maior

      Persoa que dirixe as tarefas de pesca nun pesqueiro.

  3. s

    Persoa propietaria ou contratista dun comercio ou dunha industria onde traballan obreiros ás súas ordes.

  4. s [DER/RELIX ]

    Persoa que posúe o dereito de padroado.

  5. s
    1. Señor dun servo.

    2. Último señor dun escravo emancipado, que conservaba algúns dereitos respecto a el.

    1. s

      Modelo, xeralmente de papel, a partir do que se fan elementos semellantes.

    2. s [ECON ]

      Mecanismo polo que os países efectúan os seus pagamentos internacionais e equilibran a balanza de pagamentos.

    3. s [METROL ]

      Magnitude ou metal que se toma como tipo para definir unha unidade e co que quedaron fixadas modernamente as diferentes unidades básicas dos sistemas de medidas.

    4. proteína patrón [ALIM ]

      Proteína ou conxunto de proteínas do ovo completo de galiña, que se toma como referencia para determinar o valor nutritivo das outras proteínas.

  6. s m [BOT ]

    Árbore ou planta que soporta un enxerto.

Sinónimos

Citas

  • A revista traía o patrón dunha camisa
  • Na súa casa a patroa é a avoa

Formas incorrectas

patrona