"ADI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1881.

    1. Dimensión dunha superficie limitada por rectas ou curvas. A unidade de área no SI é o metro cadrado (m 2 ).

    2. Unidade métrica de superficie equivalente a un decámetro cadrado.

    3. Porción dunha superficie que se caracteriza por desenvolverse nela algún tipo de actividade ou por estar ocupada por un certo tipo de persoas.

    4. Ámbito no que está comprendida unha actividade humana.

    5. Zona anatómica ou superficie corporal que está relacionada con outras zonas.

    6. Concepto metafórico que en antropoloxía política delimita o ámbito onde determinados individuos ou faccións compiten entre si.

      1. Parte da superficie terrestre ocupada por un taxon.

      2. Área que non presenta interrupcións.

      3. Área formada por diversas partes separadas entre elas por extensións considerables onde o taxon non existe.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de argumentar.

    2. Conxunto de argumentos para soster ou contradicir unha opinión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo dos números naturais e das operacións de adición, substracción, multiplicación, división enteira, elevación á potencia e extracción de raíces enteiras entre eles. Naceu xunto coa linguaxe para denominar conxuntos de persoas ou de obxectos.

    2. Corrente do pensamento económico iniciada en Inglaterra, que pode ser considerada precursora da moderna estatística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento fabricado a propósito para atacar ou defenderse.

    2. Impropiamente, arma nuclear.

    3. Arma de fogo na que a forza do gas producido pola carga de lanzamento provoca a expulsión do proxectil da recámara e a sucesiva recarga sen intervención do tirador.

    4. Medio de emisión de bacterias provocadoras de enfermidades utilizado con finalidade bélica.

    5. Axente agresivo constituído por organismos vivos ou polas súas toxinas, capaz de producir infeccións que incapacitan ou matan gran número de seres vivos.

    6. Arma de man que fere coa punta ou co fío.

    7. Arma bélica con respecto á que non se discutiu ou prohibiu a súa utilización por acordo marco ou organización internacional.

    8. Arma que expele un proxectil por medio da expansión de gases formados pola combustión da carga de pólvora.

    9. Arma de fogo na que a introdución do cartucho na recámara non se fai manualmente senón que se realiza coa única manobra do obturador ata o esgotamento dos cartuchos contidos nun depósito incorporado á arma.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero xenartro da familia dos dasipódidos que se caracteriza por ter o dorso, a cabeza, o rabo e a cara externa das extremidades recubertos por escamas ou escudos epidérmico-óseos, que forman unha especie de armadura. É propio de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo ou radical acilo no que o grupo hidrocarbonado é aromático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comunicar aroma a algunha cousa.

    2. Engadir a unha preparación algún elemento aromático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte anterior da vesícula encefálica primaria, no desenvolvemento embrionario do encéfalo. En estadios posteriores divídese en dúas vesículas: o telencéfalo e o diencéfalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de arraigar ou arraigarse.

    2. Relación profunda dunha persoa cun lugar por tradición, propiedades ou lazos afectivos.

    3. Acción que asegura as responsabilidades derivadas dun proceso xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adiantar na realización dalgún traballo.

    2. Producir máis froito do esperado.

    VER O DETALLE DO TERMO