"Post" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2693.

  • Actitude filosófica coa que se tende a establecer a redución dunha realidade ou fenómeno a outro, que se considera máis real ou fundamental e do que non é máis ca unha manifestación posterior e incluso secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1.                                                     OH   OH

    2. Mestura de produtos que resultan do tratamento de azucres con álcalis quentes, de carácter redutor.

    3. Composto orgánico que se caracteriza pola presenza na súa estrutura do agrupamento

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asinar un documento que xa redactou ou aprobou outro para autorizalo.

    2. Aceptar algunha proposta ou asegurar a súa validez.

    3. alidar algún asunto mediante referendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. otación que fai o pobo para aprobar ou non unha lei ou acto administrativo, proposta polo corpo lexislativo ou polo xefe do estado.

    2. Despacho en que un axente diplomático pide novas instrucións sobre algún asunto ao seu goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que se reflectiu.

      2. Luz reflectida.

      3. Imaxe producida por reflexión.

      1. Que se realiza de forma involuntaria.

      2. Actividade involuntaria, automática e estereotipada do sistema nervioso que determina unha resposta a través dun órgano, efector, a un impulso que ten a súa orixe nun receptor externo ou interno.

      3. Reacción rápida e eficaz dunha persoa ante unha situación que non permite reflexionar.

      4. Reflexo desencadeado por un estímulo, antes neutro pola súa asociación durante un tempo determinado, co estímulo propio do reflexo.

      5. Contracción dun músculo pola excitación dunha determinada zona cutánea ou mucosa.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Movemento dun líquido que reflúe.

      2. Movemento descendente da marea. OBS:  Tamén se denomina marea saínte.

    1. Parte da fracción evaporada que se condensa e volve ao estado líquido, nunha instalación de destilación.

      1. Paso dun líquido por un conduto natural en sentido oposto ao fisiolóxico.

      2. Turxescencias das veas xugulares externas pola compresión lenta e metódica do fígado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de reforzar ou reforzarse.

    2. Cousa coa que se reforza ou repara algo.

    3. Conxunto de persoas que socorren ou prestan a súa axuda nunha necesidade.

    4. Modificación da forza de conexión entre un estímulo e unha resposta mediante a presentación dun estímulo adecuado, na técnica de adquisición dun reflexo condicionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de refutar.

    2. Argumentación mediante a que se intenta descualificar opinións ou posicións opostas á propia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das fabáceas, que presenta o tronco leñoso, rizomatoso e doce, as follas imparipinnadas, con folíolos elípticos enteiros, as flores azuis e violetas, reunidas en acios cilíndricos, e os froitos en legume.

    2. Planta herbácea perenne, da familia das fabáceas, co tronco leñoso e doce, as follas compostas con tres folíolos lanceolados ou lineais, as flores rosadas ou purpúreas, olorosas, reunidas en glomérulos, e os froitos en legume rematados en punta e cunha ou dúas sementes.

    3. Aditivo edulcorante que se extrae da raíz de Glycirrhiza glabra e que se emprega en bromatoloxía e farmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que exerce a soberanía dun reino, cuxo cargo pode ser electivo, hereditario, absoluto ou constitucional.

    2. Persoa, animal ou cousa que destaca pola súa importancia ou excelencia, sobre todo ante os outros da mesma especie, rango ou clase.

    3. Nome afectuoso que se dá a un neno ou a unha persoa moi querida.

    4. Peixe, da familia dos lábridos, que presenta o corpo alongado, o fociño agudo e as escamas pequenas e no que as femias son de cor laranxa e os machos verdosos.

    5. Festividade da Epifanía en que se conmemora a adoración dos Reis Magos ao Neno Xesús, e que se celebra o 6 de xaneiro.

      1. Peza principal do xogo do xadrez que pode moverse en todas as direccións.

      2. Carta da baralla que leva pintada a figura dun rei.

    6. Título que se daba na Antigüidade ao deus Moloc, rei de Canaán, a Xúpiter, rei dos deuses, ou a Plutón, rei dos infernos. Tamén lle foi dado a Iahvé no Antigo Testamento e representaba un poder xeral.

    7. Oficial real, antigamente chamado heraldo, que tiña como función declarar a guerra e publicar a paz, asistir ás cerimonias e distinguir e determinar os escudos das liñaxes e as familias.

    VER O DETALLE DO TERMO