"bat" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 555.

  • Metabolito bioloxicamente activo producido por Tolypocladium inflatum e outros fungos imperfectos. O máis importante é a ciclosporina A que é unha droga inmunodepresora empregada para combater o rexeitamento dos órganos transplantados e no tratamento da SIDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de percusión orixinario de Asia, consistente en dúas placas curvadas de metal que se baten unha contra a outra en posición vertical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos cimbros ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo xermánico dos cimbros.

    3. Pobo xermánico influído polos celtas. Orixinarios de Xutlandia, emigraron cara ao sur xunto cos teutóns, os ambróns e os tigurinos arredor do s II a C. Invadiron a Galia meridional xunto cos teutóns (110 a C) e loitaron cos romanos en Orange (105 a C). Separados novamente dos teutóns, pasaron aos Alpes. Foron exterminados por Caio Mario na Batalla dos Campos Raudios (101 a C).

    4. Dialecto do celta britónico que falaban os cimbros, mantido na zona fronteiriza occidental entre Inglaterra e Escocia probablemente ata o s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adorno que se colocaba sobre o helmo, feito de materiais moi lixeiros e que levaban os cabaleiros para facerse recoñecer nos combates. Servía tamén de brisura para distinguir ramas dunha familia e como símbolo distintivo dalgún oficio ou dunha dignidade.

    2. Cima dun monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cimerios.

    2. Individuo do pobo dos cimerios.

    3. Pobo nómade de orixe indoeuropea, do tronco iranio, procedente das estepas do S de Rusia. Arredor do s VIII a C cruzaron o Cáucaso e asentáronse na península de Anatolia; a partir de aí estendéronse por Asia Menor. Loitaron cos asirios, ocuparon Lidia e destruíron o Reino de Frixia e as colonias gregas da costa norte. O rei Lidos Aliates combateu contra eles e rematou aniquilándoos.

    4. Serie de fases oroxénicas do ciclo paleoalpino que tiveron lugar no transcurso do Triásico superior e durante o Xurásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sesión de cine cun debate organizado ao redor do filme proxectado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Faixa ou correa de diferentes materiais, xeralmente con fibela, que se emprega para cinguir e axustar a roupa á cintura.

      2. Faixa de tea que os combatentes, de judo e outras artes marciais, se ligan á cintura. A súa cor varía segundo o grao de coñecemento e madureza do practicante.

      3. Cinto que os señores poñían ás súas esposas na Idade Media co fin de que non fosen infieis mentres ían á guerra.

      4. Faixa de tea forte que se cingue á cintura dos viaxeiros dun avión ou dun automóbil para evitar que sexan lanzados fóra dos asentos en caso dunha freada súbita ou dun choque.

      1. belt.

      2. Franxa de actividade volcánica con numerosos volcáns activos. OBS: Tamén se denomina cinto de lume.

    1. Faixa de esparto, lona ou coiro que se empregaba para conducir a rede a terra.

    2. Ctenóforo mariño, da clase dos tentaculados, co corpo comprimido e alongado en forma de cinta, delgado e transparente, moi vistoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cidadáns e ás relacións establecidas entre si cos seus concidadáns no seo do Estado do que forman parte.

      1. Que pertence á xeneralidade dos cidadáns, por oposición a militar ou eclesiástico.

      2. Proceso xudicial no que se debaten intereses relacionados co dereito civil.

      3. Actitude de desafío á autoridade que pode expresarse na obxección ao cumprimento da lei vixente e na aceptación voluntaria da sanción que esta obxección comporta.

      4. Condición de cada persoa en relación coas situacións tipificadas como fundamentais na organización civil da comunidade e que afecta á súa independencia xurídica e á súa capacidade de obrar.

      5. Órgano da administración periférica do Estado de ámbito provincial ao que corresponde a dirección superior dos servizos estatais na provincia e, entre outras competencias, o exercicio da xefatura superior dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado na provincia.

      6. Deber xurídico que incumbe ás persoas físicas e xurídicas de responder do feito realizado e de sufrir as súas consecuencias xurídicas, formalizadas nas indemnizacións polos danos e prexuízos materiais e morais producidos.

      7. Contrato polo que dúas ou máis persoas acordan contribuír en común con bens ou servizos coa finalidade de repartir entre si as ganancias.

      8. Ámbito das relacións entre individuos, grupos e clases sociais que se desenvolve fóra das relacións de poder que caracterizan as institucións estatais.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cleftas.

    2. Individuo da comunidade clefta.

    3. Comunidade de homes libres, armados e combativos, fuxitivos da servidume ou campesiños expulsados das súas terras, que se organizaban en bandas e que actuaron no medio rural grego durante a dominación turca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hipertrofia do clítoris.

    2. Erección patolóxica do clítoris.

    3. Tendencia psiquiátrica de tipo masturbatorio, por excesiva sensibilidade do clítoris.

    VER O DETALLE DO TERMO