"ROM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2495.

  • aso de cerámica, característico da época romana (ss I a C- V). OBS: Tamén se denomina terra sigillata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura que consiste en tomar unha palabra no seu sentido propio e figurado ao mesmo tempo.

    2. Figura de construción que consiste en romper a concordancia das regras gramaticais e atender á concordancia de sentido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo siluro.

    2. Individuo do pobo siluro.

    3. Antigo pobo, talvez de orixe ibérica, que habitaba ao S da actual Gales. Resistiron ata pouco despois de que Claudio convertese Britania en provincia romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deus romano, protector dos bosques e dos rabaños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Área da parede celular de certo tipo de células a través das que se comunican os citoplasmas das células contiguas.

    2. Emparellamento de dous cromosomas homólogos durante a profase meiótica.

    3. Rexión de transmisión de impulsos nerviosos mediante a liberación de determinadas substancias químicas polas neuronas, que poden chegar a outra neurona ou a un músculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de síntomas e signos que definen clinicamente un estado patolóxico.

    2. Conxunto de síntomas que son característicos dunha determinada situación e que poden causar temor.

    3. Forma conxénita de discapacidade psíquica que se debe a un defecto no cromosoma 21, por mor dunha trisomía, dunha translocación ou dun mosaicismo, que se caracteriza por presentaren os individuos a cara redonda e plana, cabeza braquicéfala e ollos oblicuos e con epicanto.

    4. sida.

    5. Trisomía 18 que produce hipertonía muscular, atraso psicomotor, alteracións craniais, labio leporino, orellas malformadas de implantación baixa, e mans en que os dedos índice e maimiño están enriba, respectivamente, do dedo medio e anular.

    6. Aberración cromosómica numérica que se caracteriza por unha trisomía gonosómica (o cromosoma 23 é xeralmente XXY), que se manifesta por unha insuficiencia da función endocrina testicular, testículos pequenos, xinecomastia, retraso mental e infertilidade.

    7. Conxunto de trastornos mentais que se asocian a unha polineurite e que consisten en amnesia anterógrada, desorientación e tendencia á cofabulación e perda da memoria.

    8. Trastorno hereditario do tecido conectivo que produce alteracións oculares e óseas nas articulacións e nalgúns órganos.

    9. Aberración cromosómica numérica que consiste na trisomía autosómica do cromosoma 13 e que presenta varios signos, como atraso mental, malformacións auriculares e microcefalia. OBS: Tamén se denomina trisomía 13 e trisomía D.

    10. Cadro que se caracteriza por obesidade, talle baixo, criptorquidia, diabete e merma das capacidades intelectuais, propio dun individuo que ao nacer presentou unha atonía muscular grave.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sipuncúlidos.

    2. Metazoo do filo dos sipuncúlidos.

    3. Filo de metazoos triploblásticos celomados, protóstomos, con simetría bilateral que teñen o corpo recuberto por unha cutícula quitinosa e unha trompa evaxinable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ordenado de normas ou procedementos para o funcionamento de algo.

      1. Conxunto orgánico de principios ou regras, sobre unha materia, enlazados dunha maneira racional.

      2. Conxunto coherente de relacións capaz de dar conta dos obxectivos e dos medios da organización económica e total da sociedade.

      1. Conxunto de elementos materiais, relacionados dalgunha maneira entre eles ou interdependentes, que constitúen un todo orgánico, suxeito xeralmente a determinadas leis.

      2. Conxunto de órganos, de orixe embrionaria xeralmente común, especializados en levar a termo unha función determinada e constituídos fundamentalmente por un só tecido.

      3. Conxunto de corpos celestes que pertencen a un único complexo orgánico constituído.

      4. Estrutura celular que leva a cabo unha función determinada.

      5. Rexión do espazo que se illa artificialmente para sometela a estudo.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. bromatoloxía.

    2. Conxunto de coñecementos relativos á dieta e á nutrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agrupación de persoas que conviven de forma organizada.

      1. Agrupación de individuos que teñen un mesmo trato ou relación.

      2. Relación estable, socialmente lexitimada como matrimonio ou simplemente recoñecida, e que é a base da institución familiar

      3. Expresión con que se designa o estado e a etapa actuais do desenvolvemento capitalista da sociedade, baseado na creación de necesidades ficticias por superar a saturación da produción.

      1. Agrupación ou asociación pactada de persoas físicas ou xurídicas co fin de levar a termo unha actividade económica ou mercantil determinada.

      2. Sociedade mercantil e capitalista, en que predomina o elemento persoal, o capital divídese en accións e a responsabilidade dos socios limítase ao capital que achegaron

      3. Sociedade en que os socios responden persoalmente, subsidiariamente, solidariamente e dunha maneira ilimitada das débedas sociais

      4. Sociedade realizada con capital variable e organizada baixo os principios democráticos de igualdade de dereitos e deberes entre os socios e de libre entrada e saída sen discriminación dos seus membros.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO