sociedade

sociedade

lat societāte

Plural: sociedades
  1. s f

    Agrupación de persoas que conviven de forma organizada.

    1. s

      Agrupación de individuos que teñen un mesmo trato ou relación.

    2. sociedade conxugal [DER ]

      Relación estable, socialmente lexitimada como matrimonio ou simplemente recoñecida, e que é a base da institución familiar

    3. sociedade de consumo / [SOCIOL/ECON ]

      Expresión con que se designa o estado e a etapa actuais do desenvolvemento capitalista da sociedade, baseado na creación de necesidades ficticias por superar a saturación da produción.

    1. s

      Agrupación ou asociación pactada de persoas físicas ou xurídicas co fin de levar a termo unha actividade económica ou mercantil determinada.

    2. sociedade anónima

      Sociedade mercantil e capitalista, en que predomina o elemento persoal, o capital divídese en accións e a responsabilidade dos socios limítase ao capital que achegaron

    3. sociedade colectiva

      Sociedade en que os socios responden persoalmente, subsidiariamente, solidariamente e dunha maneira ilimitada das débedas sociais

    4. sociedade cooperativa

      Sociedade realizada con capital variable e organizada baixo os principios democráticos de igualdade de dereitos e deberes entre os socios e de libre entrada e saída sen discriminación dos seus membros.

    5. sociedade limitada

      Sociedade mercantil en que a responsabilidade dos socios está limitada á súa participación e o capital está representado por participacións.

    1. s

      Conxunto de persoas reunidas de xeito oficial e estable para perseguir un fin común.

    2. sociedade de instrución [EDUC ]

      Agrupación de emigrantes que promoveron, a principios do s XX, a educación e a cultura nas súas comunidades de orixe.

    3. sociedade económica de amigos do país [HIST ]

      Institución cultural creada en diferentes rexións de España no último terzo do s XVIII.

  2. s f [BIOL ]

    Comunidade natural, que se define pola presenza nun biótopo dun certo número de especies que poden interactuar entre elas.

Refráns

  • Non deixes a comunidá, que non che pesará.
  • Non naceches para ti soilo; outro para ti e ti para outro.
  • Ola de moitos nunca ben coceo
  • Quen comunidade desexa, convén que común sexa.