sistema

sistema

lat systēma gr σύστημα

Plural: sistemas
  1. s m

    Conxunto ordenado de normas ou procedementos para o funcionamento de algo.

    1. s

      Conxunto orgánico de principios ou regras, sobre unha materia, enlazados dunha maneira racional.

    2. sistema económico [ECON ]

      Conxunto coherente de relacións capaz de dar conta dos obxectivos e dos medios da organización económica e total da sociedade.

  2. s m
    1. Conxunto de elementos materiais, relacionados dalgunha maneira entre eles ou interdependentes, que constitúen un todo orgánico, suxeito xeralmente a determinadas leis.

    2. [ANAT/FISIOL ]

      Conxunto de órganos, de orixe embrionaria xeralmente común, especializados en levar a termo unha función determinada e constituídos fundamentalmente por un só tecido.

    3. [ASTRON ]

      Conxunto de corpos celestes que pertencen a un único complexo orgánico constituído.

    4. [BIOL ]

      Estrutura celular que leva a cabo unha función determinada.

    5. [QUÍM/FÍS ]

      Rexión do espazo que se illa artificialmente para sometela a estudo.

    1. s

      Conxunto de elementos estruturais, de instrumentos ou mecanismos, reunidos nun complexo orgánico, destinado a servir determinadas operacións, con fins técnicos ou científicos.

    2. sistema de unidades [METROL ]

      Conxunto coherente de unidades de medida.

    3. sistema internacional [SI] [METROL ]

      Sistema de unidades que ten como unidades fundamentais as catro do sistema MKSA, ademais do kelvin (K) para as temperaturas, o mol para a cantidade de materia, e a candela (cd) para a intensidade luminosa.

    4. sistema métrico decimal [METROL ]

      Sistema decimal de unidades que se basea no metro e no quilogramo.

    5. sistema monetario internacional [ECON ]

      Conxunto de organismos financeiros internacionais e de relacións monetarias que existen entre os diferentes países.

    1. s

      Conxunto de elementos, máis ou menos abstractos, coordinados entre si, pero non necesariamente dependentes os uns dos outros.

    2. s [LING ]

      Relación que liga todos os elementos lingüísticos dun nivel dado.

    3. s [MAT ]

      Conxunto de cantidades ou obxectos que teñen algunha propiedade común.

    4. sistema operativo [INFORM ]

      Conxunto dos diferentes programas que controlan o funcionamento dun ordenador.

  3. sistema de Stock [QUÍM ]

    Sistema empregado na nomenclatura química inorgánica para indicar as proporcións relativas dos elementos ou grupos constituíntes dunha substancia, mediante o uso de cifras romanas que se refiren ao estado de oxidación dos elementos.

  4. sistema HLA [BIOQ ]

    Sistema de antíxenos de histocompatibilidade detectados na membrana da maioría das células do organismo,que é o máximo responsable da reacción de rexeitamento no caso de transplante de órganos ou tecidos.

  5. sistema reticuloendotelial [BIOL ]

    Conxunto de células que forman o tecido reticular e o endotelio dos vasos capilares do fígado, do bazo e dos órganos linfáticos.

  6. istema RH [BIOQ ]

    s

  7. sistema Wade [LING ]

    Sistema de transcrición do chinés ideado por Francis Thomas Wade (1818-1895) e modificado posteriormente por Herbert Allan Giles (1845-1935), polo que tamén é coñecido como sistema Wade-Giles.