"Pula" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 416.

    1. Relativo ou pertencente a J. R. Hébert.

    2. Seguidor de J. R. Hébert. Os hebertistas constituíron a á radical dos xacobinos e controlaron o Club dos Cordeliers e a maior parte das sociedades populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de diversas enfermidades mediante a exposición aos raios solares. Popularmente denomínase curas ou baños de sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás helobiais.

    2. Planta da orde das helobiais.

    3. Orde de monocotiledóneas integrada por plantas herbáceas acuáticas, de auga doce ou mariña, de follas frecuentemente estipuladas e flores que adoitan ser regulares. O froito pode ser un folículo, unha pequena baga ou ben un froito seco e indehiscente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de filtración sanguínea no que o sangue se somete a diálise. OBS: Tamén se denomína popularmente ril artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mucopolisacárido natural de alto peso molecular, formado por varias cadeas integradas pola combinación de dous azucres, D-glucosamina e ácido D-glucurónico. Está presente en tódolos vertebrados e atribúenselle efectos anticoagulantes e antitrombóticos. Por manipulación química ou encimática obtense a heparina de baixo peso molecular ou heparina fraccionada, moi utilizada en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inflamación da pel causada por un virus de DNA do grupo Herpesvirus, integrada por moitas bochas transparentes que ao secar forman unha carapola. É a máis frecuente das infeccións cutáneas virais. O herpes simple ou labial chámase popularmente pansa. O herpes zóster, ou zona, é imputable ao mesmo virus ca a varicela e produce unha erupción cutánea que segue o traxecto do tronco nervioso que corresponde ao ganglio invadido. O herpes xenital é quizais a enfermidade de transmisión sexual máis contaxiosa.

    2. Nome que se aplica a diversas dermatoses, especialmente ao eccema papuloso ou eccema crónico circunscrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Intoxicación por sales de mercurio.

    2. Erupción cutánea provocada pola manipulación descoidada de preparados mercuriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da física e da enxeñaría que estuda o equilibrio e o movemento dos líquidos, principalmente en función das súas aplicacións técnicas, e dos aparatos, as instalacións e os sistemas destinados á súa manipulación mecánica. Os aspectos máis teóricos da hidráulica englóbanse na mecánica de fluídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica que atribúe ao mundo e á materia o carácter de ser vivo.

    2. Movemento literario, relacionado co creacionismo e co ultraísmo, que se desenvolveu a partir da década de 1920 ao redor da obra poética de Luís Amado Carballo. A temática e o protagonismo das súas composicións establécense en base á aparición dunha paisaxe rural ou natural con características humanizadoras e cheas de elementos populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno lingüístico que consiste na manipulación de palabras galegas coa intención de as diferenciar ou afastar das súas correspondentes en castelán, dando lugar a formas incorrectas que pretenden pasar por xenuínas. OBS: Tamén se denomina hipergaleguismo.

    2. Forma lingüística creada por hiperenxebrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO