hidráulica

hidráulica

hidráulico

Plural: hidráulicas
s f [FÍS/TECNOL ]

Rama da física e da enxeñaría que estuda o equilibrio e o movemento dos líquidos, principalmente en función das súas aplicacións técnicas, e dos aparatos, as instalacións e os sistemas destinados á súa manipulación mecánica. Os aspectos máis teóricos da hidráulica englóbanse na mecánica de fluídos.