"ECL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 467.

  • Corrente intelectual xurdida en Rusia no s XIX de carácter antioccidentalista. Influenciada polo romanticismo e o idealismo alemán, reclamaba as calidades superiores dos eslavos, da súa cultura e da súa relixiosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actinolita de cor verde herba a verde esmeralda. Preséntase en agregados xunto coa onfacita, constituíndo ecloxitas, e nos gabros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para espazar.

    2. Tecla das máquinas de escribir e dos ordenadores que se pulsa para deixar espazos en branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de especial.

    2. Rama específica dunha ciencia ou dunha profesión, á que alguén se consagra dunha maneira exclusiva.

    3. Actividade específica á que alguén se dedica.

    4. Medicamento presentado de forma uniforme, precintado e con nome rexistrado, cunha fórmula medicamentosa que tamén está rexistrada e declarada no prospecto adxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de teclado, da familia do clavicémbalo, de cordas pulsadas, dispostas en sentido diagonal de esquerda a dereita. Normalmente, posúe un só rexistro de oito pés e o teclado é de catro oitavas e media de extensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de ser, de estar ou de atoparse nun momento dado, alguén ou algo.

      1. Maneira de ser, de presentarse ou de existir un sistema material. O estado dun sistema defínese por un número determinado de magnitudes físicas expresables cuantitativamente, chamadas variables ou funcións de estado.

      2. Expresión analítica implícita que relaciona as propiedades físicas, a presión, o volume específico e o tempo.

      3. Estado dun sistema material segundo o grao de cohesión das moléculas que o forman. Segundo o estado de agregación, un sistema material pódese presentar en forma sólida, líquida e gasosa.

      1. Período dunha enfermidade no que os síntomas permanecen aproximadamente iguais.

      2. Estado caracterizado pola perda transitoria da consciencia e o mantemento da capacidade para efectuar involuntariamente accións que logo non se lembran.

      1. Entidade estable e permanente de carácter soberano, asentada sobre un territorio delimitado, habitada por unha determinada poboación e dotada dun poder político e xurídico institucionalizado. De acordo coa súa estrutura o estado unitario concentra nun único goberno central todas as competencias, que afectan por igual a todo o territorio; o federal recoñece o gozo de competencias de modo exclusivo a certas entidades dentro do propio Estado que dispoñen de atribucións lexislativas, executivas e xudiciais propias. Pola forma de goberno, distínguense a monarquía e a república e os réximes parlamentarios e presidencialistas.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo social homoxéneo en función da súa profesión, clase social ou estilo de vida.

      1. Grupo social do Antigo Réxime, cunha mesma situación xurídica, que os facía partícipes ou non dunha serie de privilexios, os privilexiados eran o nobiliario e o eclesiástico, e o non privilexiado, o pobo.

      2. Nome que recibían cada un dos estados que concorrían ás Cortes nas Coroas de Castela e Aragón.

      3. Corpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834, que estaba constituído polos membros da alta nobreza e as persoas designadas polo monarca.

      4. Corpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834. Os seus membros escollíanse por sufraxio censatario e só tiñan dereito de deliberación e petición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de evadirse.

    2. Fuxida dun preso ou un condenado do establecemento penal no que estaba recluído.

    3. Saída ilegal de diñeiro ou doutros activos líquidos dun país cara a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo veña á memoria ou á imaxinación.

    2. Facer que algo recorde outra cousa pola súa semellanza ou pola relación que garde con ela.

    3. Facer aparecer, por medio de esconxuros, invocacións ou exorcismos, almas dos mortos ou demos.

    4. Reclamar o paso ou transferir unha causa ou demanda dun tribunal ou xurisdición para outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de pescudar ou observar atenta e minuciosamente algo ou alguén para coñecer as súas calidades ou o seu estado.

      2. Consideración que se fai das propias accións para discernir se son boas ou malas á luz dunha moral establecida ou convencional, principalmente relixiosa.

      3. Dilixencia xudicial que consiste en tomarlles declaración ás persoas que, sen ser parte interesada no caso, coñecen e poden dar testemuño sobre os feitos controvertidos.

      4. Interpretación de carácter persoal das doutrinas cristiás, tomando como única referencia o texto da Biblia e descartando a autoridade da Igrexa.

    1. Proba ou conxunto de probas, escritas ou orais, ás que se somete unha persoa para poder demostrar a súa aptitude para desempeñar un cargo ou actividade, ou para obter un grao ou avanzar nos estudos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO