"Cro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1309.

  • Conxunto de técnicas que se empregan para o enriquecemento de minerais mediante procesos microbiolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame microscópico de tecidos vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Macromolécula de elevado peso molecular, formada pola repetición dunhas unidades básicas chamadas monómeros, que é sintetizada bioloxicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extracción e exame microscópico dun fragmento de tecido vivo que permite a diagnose de certas afeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas que aproveitan as transformacións bioquímicas producidas pola actividade metabólica de determinados microorganismos en estado natural ou modificados mediante a enxeñaría xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método terapéutico que utiliza cultivos vivos de microorganismos ou secrecións de procedencia diversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao elemento químico e ao radical que ten unha valencia ou estado de oxidación igual a dous.

    2. Que considera, en cada proposición, a posibilidade dun dos dous valores: verdadeiro ou falso.

    3. Configuración do emparellamento cromosómico no decurso da primeira división meiótica de dous cromosomas, total ou parcialmente homólogos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de masa de calquera substancia de forma arredondada.

      1. Peza de pan de forma arredondada, máis ben grande, con moito miolo.

      2. Peza de pan esponxoso, feito xeralmente con fariña, leite e ovo, con forma de molete.

    2. Grumo que se forma nunha substancia mal diluída ou porción arredondada que se forma nun líquido ao callar.

    3. Avultamento que se orixina nunha superficie debido a un golpe.

    4. Bolo de fariña de millo, cocido co caldo, que se facía no entroido e nos tempos de escaseza de pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Artefacto de ferro ou doutro material resistente, de forma xeralmente esférica ou cilíndrica, cheo de pólvora ou doutro explosivo e provisto de mecha ou espoleta.

      2. Bomba cargada de materiais susceptibles de liberar dun xeito incontrolado a enerxía de fisión ou de fusión de determinados núcleos atómicos.

      3. Bomba cargada de microorganismos patóxenos susceptibles de ser espallados ao rebentar a carcasa do artefacto.

      4. Bomba incendiaria que contén unha substancia inflamable composta de gasolina e xabóns de aluminio que transforma o combustible nunha xelatina denominada napalm.

      5. Bomba de hidróxeno en que os compoñentes están dispostos de xeito que a penetración da radiación neutrónica é maior ca a producida pola explosión nuclear común.

      6. Bomba cargada dun produto químico de acción diversa que se dispón en forma de aerosol ou vapor ao estoupar o artefacto mediante a acción dunha carga explosiva auxiliar.

      7. Bomba nuclear baseada na fusión de núcleos atómicos.

      1. Artefacto ou material explosivo que se lanza ou se coloca coa man.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación vexetal na que as árbores ou arbustos adoitan presentar estruturas densas que favorecen unhas condicións microclimáticas peculiares, que permite a existencia dun espectro de vexetais e animais propios e adaptados a este medio.

    2. Bosque que ocupa bandas longas e estreitas.

    3. Bosque onde conviven árbores caducifolias e coníferas.

    VER O DETALLE DO TERMO